Por unha Galicia post-petróleo

Todo o que nos rodea está impregnado de petróleo: desde os alimentos que comemos ata os medicamentos que nos sandan. Mais o consumo inxente que practicamos desde hai décadas levounos a alcanzar o teito do petróleo, estancar a súa extracción e alcanzar unha máxima inevitable: cada vez temos menos cru e o pagamos máis caro.

As consecuencias desta situación son xa palpables no noso día a día: vivimos unha crise financeira e dos mercados, conflitos políticos e sociais, colapso do sistema sanitario e crise cultural e de valores. A rebelión preséntase como única vía para transformación a realidade, apostando polo decremento e o consumo sustentable.

Foto: Martinho Picallo

Foto: Martinho Picallo

Así o advirten numerosas voces, entre elas a asociación Véspera de Nada, que desde o 2008 vén alertando sobre os problemas do Peak Oil e difundindo alternativas para un futuro sen combustibles fósiles. Agora, este colectivo acaba de publicar unha Guía para o descenso enerxético, con consellos para que as galegas e galegos comecemos a construír esa Galicia post-petróleo.

Seguir lendo

Vídeo | Posted on by | 5 Comentarios

Carallo co rodaballo

Isto non é un post. Non é un regreso. Nin sequera é un texto meditado. É o que se di un arrouto, un chimpo, un algo que sae de dentro.

Planta de Pescanova en Mira

Seguir lendo

Publicado en Contaminación, costa | 1 comentario

Grazas, Ánxel

“Non vou por min. Vou polos meus fillos e polos que aínda non naceron”.

Ángel Vila, patrón do Xurelo.

A profesión de xornalista concédete, de cando en vez, privilexios que non permiten outros traballos. Coñecer ao patrón Ánxel Vila foi, dende un logo, un deles. O que para sempre será o patrón do Xurelo, aquel pequeno palangreiro que o 14 de setembro de 1981 puxo rumbo ao descoñecido para amosarlle ao mundo a existencia clandestina dun cemiterio radioactivo situado a 250 millas ao noroeste de Fisterra, regaloume unha conversa excepcional -como a súa vida, como a súa persoa- que quedará para sempre no recordo.

Seguir lendo

Publicado en Reportaxes, Uncategorized | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

“A costa non aguanta máis”

O 75% está urbanizado ou declarado urbanizable, acolle ao 44% da poboación durante todo o ano e a preto de 48 millóns de persoas en períodos vacacionais, e segue a ser o obxecto de desexo de especuladores e administracións públicas, ademais do vertedoiro por excelencia. O litoral está ao bordo do colapso e a modificación da Lei de Costas que prepara o Ministerio de Medio Ambiente dirixido por Arias Cañete lonxe de protexelo promove a súa total privatización. Ecologistas en Acción vén de plasmar esta situación coa colocación este verán dun total de 79 bandeiras negras e 12 puntos negros e unha clara advertencia: “A costa non aguanta máis”.

Informe Bandeiras Negras 2012: Pouca vergoña de Ecologistas en Acción

Seguir lendo

Publicado en costa | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

Os ríos galegos agardan pola Transición

Trinta dos grandes encoros do país como os de Belesar, Peares ou o de Frieira teñen concesións franquistas por períodos de cen anos e réxense por lexislacións de hai séculos, excesivamente permisivas en canto a caudais ecolóxicos e medidas correctoras para evitar o seu impacto no medio. A negativa do Ministerio de Medio Ambiente á construción do salto do Navia convértese no último éxito dunha longa e dura batalla da cidadanía para lograr que a democracia tamén chegue aos nosos ríos.

Río Navia, entre Galicia e Asturias, onde ía construírse o encoro.

Seguir lendo

Publicado en Ríos | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

O medio sempre chama dúas veces…

Máis eólicos, menos protección ambiental, máis lixo na Areosa, menos bosques autóctonos, máis verteduras, menos abellas… Cada mañá dos dous últimos meses, as (malas) noticias ambientais viñeron petar a miña porta. E eu negueime a abrirlle. Non faltaron nin un só día á cita. Primeiro timbrando educadamente, logo aporreando directamente na madeira, unha mañá comezaron tamén os berros e ultimamente xa tentando entrar pola forza. E eu, cabezona como son, aí seguín, ignorándoas completamente, pechando máis forte os ollos e apretando cada máis as mans contra as orellas, tentando sobrevivir neste día a día cada vez máis recortado no que só vemos como sube o número de parados, a porcentaxe de EREs, a prima de algúen e, por suposto, unha cantidade infinita de desvergonzados. Seguir lendo

Publicado en Reportaxes | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Europa ‘pasa’ dos tranxénicos

Os consumidores europeos gáñanlle a partida aos transxénicos. Non estamos ante un discurso ecoloxista nin dunha plataforma cidadá. A afirmación procede da propia industria fabricante dos organismos modificados xeneticamente, que se ve obrigada a abandonar o mercado europeo ante a desconfianza que amosan os consumidores cara a estes produtos: nin os ven beneficiosos nin os cren seguros.

Cartel contra os transxénicos. Foto: Greenpeace.

Seguir lendo

Publicado en Agricultura ecolóxica, Consumo | Etiquetado , , , | Deixar un comentario