Cidade polos bosques

ciudades_home_42420

Madrid recibe hoxe o título de ‘Cidade polos bosques’ de WWF/Adena polo seu compromiso coa compra pública responsable de produtos forestais. O Concello que dirixe Alberto Ruiz Gallardón prima a madeira procedente de bosques con certificación forestal FSC para loitar contra as talas ilegais e insostibles. 

selo FSC

A certificación FSC garante unha xestión forestal ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable, comprometida cos bosques e explotacións do planeta. Este certificado forestal é o único que apoian a maioría das organizacións ecoloxistas e sindicais de axuda ó desenvolvemento.

 Tras analizar as prácticas de 350 concellos, o observatorio forestal da asociación ecoloxista advirte que, ademais da capital, só nove entidades estatais (Barcelona, Benicarló, Gavá, León, L´Hospitalet de Llobregat, Madrid, Sant Boi de Llobregat, Murcia e a Deputación de Toledo) controlan a orixe dos produtos forestais que consomen. Outros trinta xa amosaron a súa intención de mudar as prácticas, mentres que o resto dos analizados (uns 300) non crearon ningún instrumento que controle as súas compras.

Ante esta situación, WWF recorda que as Administracións públicas estatais gastan anualmente máis de 2.000 millóns de euros en madeira e papel, para o que son necesarias dous millóns de hectáreas de superficie forestal. O 10% do volume de madeira e papel que consome o mercado ibérico procede de rexións onde a tala ilegal é unha práctica habitual. Ademais a Península Ibérica é o segundo maior consumidor de madeira tropical aserrada do mundo, contribuíndo a acabar co pulmón do planeta.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to Cidade polos bosques

  1. Delia di:

    Só espero que cunda o exemplo e, dende os municipios, autonomías se coide máis que se compra, a quen se compra, que procedencia ten a madeira e, por suposto que non deixen de “Pensar en verde”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s