Vivindo do sol

Como sería unha casa autosuficiente, que funciona integramente coa forza do sol, conectada á rede e coa máxima eficiencia enerxética? Se non é capaz de imaxinalo non pasa nada. A partir do xoves, uns 30.000 metros cadrados á beira do río Manzanares, con vistas ó Pazo de Oriente e á catedral de La Almudena- serán ocupados por dezasete vivendas que cumpren con estes requisitos. ¿Nova pelotada inmboliaria no centro de Madrid? Non. Trátase da primeira edición en Europa do Solar Decathlon, competición no que dezasete universidades de sete países -seleccionadas previamente entre case 800 candidaturas por un xurado internacional- compiten por construír prototipos de casas que só funcionan con enerxía solar.

A eficacia enerxética, rapidez da montaxe, confortabilidade ou estética son algunhas dos aspectos que se valorarán dos fogares propostos, que deberán pasar un total  de dez probas (decathlon) para proclamarse gañador. Ademais da competición, os prototipos poderán ser visitados gratuitamente polo público, que tamén poderá asistir a diversos obradoiros, foros e mesas redondas.

De todas as propostas cinco son españolas. A miña preferida é a Fablahouse, do Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña.

Maqueta: Javier Alonso Huerta

Maqueta: Javier Alonso Huerta

E a vosa?

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to Vivindo do sol

  1. Nela di:

    Case que me qauedo con este zoco. Iso se consigo subir polas escaleiras 😉 Por certo, que digo eu que non haberá que varrer ese espazo entre a casa e o chan non???

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s