Literatura reciclada

Non é que pechara este chiringuito para abrir outro na praia (que podía ser) nin que me quedase enganchada ó decálogo de Greenpeace para coidar o medio dende a cama (que tamén podía ser). Uns días para respirar ó aire libre e varios -e consecutivos- problemas informáticos (o ‘apaga e volve encender’ non sempre funciona) impedíronme seguir con este diario verde que volve en domingo para ofrecer unha nova forma de coidar o planeta. Desta vez, a través da literatura.

 

Foto: Martial Trezzini (Efe)

Foto: Martial Trezzini (Efe)

 

Trátase da iniciativa ‘Libros amigos dos Bosques’, que promove a publicación de páxinas verdes contra a deforestación. A idea, nada no 2004 a instancias de Greenpeace, é implicar a escritores e sector editorial no coidado dos pulmóns do planeta. O uso do papel reciclado e de criterios ambientais en todo o proceso de edición son as características dunha colección de lecturas non destructivas que naceu no 2004 cunha madriña de excepción:  Isabel Allende e a publicación do seu El bosque de los pigmeos.

pigmeo2

 

Dende entón, autores como o recentemente desaparecido José Saramago, o galego Manuel Rivas, Álvaro Pombo, Rosa Regás, Fernando Sánchez Dragó, Javier Reverte ou Espido Freire decidiron sumarse a este club de escritores verdes que están presentes en países como Reino Unido, Holanda, Canadá, Estados Unidos, Italia, Francia, Alemaña, Bélxica e España, ata sumar máis de 250 autores.

As editoriais tamén responden. Ademais de Random House Mondadori (que emprega 100% papel reciclado na súa colección xuvenil e papel procedente de bosques xestionados baixo o selo verde FSC para o resto), a pioneira na impresión en papel verde a nivel estatal é a catalá Icaria, que imprime case toda a súa produción en papel reciclado de alta calidade.

O último elo desta cadea é o lector, que ten na súa man apostar por literatura de calidade e, ademais, comprometida co planeta. ¿Anímaste?

 

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s