O Mundial dos Incendios

Durante os 90 minutos (se todo vai ben e non hai prórroga nin penaltis, claro) que dure o partido de mañá entre España e Portugal, poden chegar a queimarse no país unha superficie superior a vinte campos de fútbol. Con este cálculo, e ante o inminente inicio da campaña de verán, Greenpeace quere alertar do elevado risco de incendios que sofre o Estado, perigo que se multiplica nos meses de xullo e agosto.

Campo de mistos no vídeo de Greenpeace

Campo de mistos no vídeo de Greenpeace

 

Para iso, os ciberactivistas da asociación ecoloxista lanzan un vídeo no que convirte o céspede dun estadio de fútbol en decenas de cabezas de mistos que se van prendendo ata deixar o campo arrasado. Dende Greenpeace  destacan que na última década, España rexistrou 18.626 incendios forestais ó ano de media, o que implica unha superficie queimada dunhas 123.441 hectáreas anuais.  Asumindo que un campo de fútbol ocupa aproximadamente unha hectárea (110m. x 75m. como máximo) poderíamos afirmar que nos últimos dez anos se queimaron no Estado 123.441 campos de fútbol ó ano. O que implicaría quedar sen o deporte rei. Pénsenno.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s