De vacacións

A unhas horas de que xullo chame á nosa porta anunciándonos a verdadeira chegada do verán, recórdolles que vostedes marchan de vacacións pero os seus hábitos responsables non. Recoller os residuos para non favorecer os lumes, reciclar, ducharnos en lugar de bañarnos ou pechar a billa mentres cepillamos os dentes son, durante o noso período de relax, tan imprescindible como o resto do ano. Se ademais imos de viaxe, diversas asociacións ecoloxistas como Amigos da Terra ou WWF/Adena ofrecen toda unha serie de consellos para evitar deixar a nosa pegada durante as vacacións.

huellas

 

O turismo é responsable do 5% das emisións mundiais e as concentracións masivas, a principal causa de perda de biodiversidade no Mediterráneo, o destino máis importante do mundo. Apostar polo transporte sostible ou elixir hoteis que sigan unhas mínimas políticas de aforro son algunhas das claves para evitar que a nosa viaxe cause un impacto no medio.

blog1Onde ir? As vacacións hai que planificalas para evitar un desbaldimento de tempo. Se van de viaxe, recorden que o avión é o medio de transporte que máis contribúe a intensificar os efectos do cambio climático. O consello: elixir destinos próximos que permita chegar en transportes máis limpos.

 

blog2Como chegar? Tan importante como o destino é o medio no que trasladarse. Se finalmente optamos polo avión ou o tren, unha vez no aeroporto ou estación de destino é preferible, antes de alugar un coche, botar man dos medios de transporte público local como o autobús, o tranvía ou o metro.

 

blog3Onde aloxarse? WWF recomenda hospedarse en hoteis con sistema de reciclaxe de residuos e, no posible, que utilicen fontes de enerxía renovables. Lonxe do que poida parecer, estes hoteis ecolóxicos ou con conciencia ambiental xa existen como os adheridos ó programa WWF Check out for Nature, que dedican un euro da túa factura a financiar proxectos de cooperación no Terceiro Mundo.

 

blog4Mentres esteas alí… Ademais de non esquecer os nosos hábitos responsables cotiáns, é aconsellable optar polo ecoturismo, con actividades que non prexudican o medio ó tempo que axudan a reactivar a economía local.

 

blog5De volta a casa. Os souvenirs tamén son unha forma de agresión que poden evitarse. WWF recorda que non deben mercarse agasallos feitos con restos de seres vivos como corais, peles, cunchas, obxectos de marfil ou carei, algo moi frecuente se o destino elixido é un país exótico.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s