O antes o agora do Humidal do Lagares

A rede de colectivos A Ría Non se Vende xunto coa Comisión veciñal de afectados pola depuradora do Lagares convocan o 1º concurso fotográfico :

‘O ANTES E O AGORA DO HUMIDAL DO LAGARES’

cartazconcursofotografico400
O medio e o coñecemento do noso patrimonio natural e cultural é o protagonista deste certame.
O obxectivo que se busca é duplo: por un lado concienciar e agudizar o sentido crítico das persoas sobre o medio que as rodea e en concreto sobre a Xunqueira do Lagares, o humidal máis importante de Vigo e contorna; e por outro, denunciar tanto a depuradora actual como o proxecto de macrodepuradora que lonxe de arranxar o problema do saneamento de Vigo o que vai provocar é a desaparición da Xunqueira e amplificar os problemas de contaminación na nosa ría.
Para isto empregamos un medio como é a fotografía que está ao alcance da maioría da poboación. As fotos poden amosar lugares e elementos diversos: Fai unha foto na Xunqueira da flora, da fauna, da súa paisaxe, dun dos seus fermosos recunchos. .. ou
dunha agresión da marisma ou algo que queiras denunciar! ! !
Anímate e participa.

Consulta as bases do concurso aquí

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

3 Responses to O antes o agora do Humidal do Lagares

  1. Daniel Sánchez di:

    De rapaz coñecín ese Lagares diferente. O problema e que Vigo ten hoxe máis de 300.000 habitantes: si non se fai una gran depuradora, a ría está condenada a morrer. ¿E compatible o modelo de desenrolo actual ca conservación do medio?.

  2. Rebeca Fernández di:

    ¿É compatible o modelo de desenvolvemento actual coa conservación do medio? Evidentemente non. E ese é o problema. Hai que mudar o modelo canto antes e, mentres, emprender as medidas necesarias para paliar o mal que facemos pero con cabeza. Está claro que Vigo precisa dunha depuradora pero non sen garantías de que vai cumprir co seu cometido. As ‘macro’cousas nunca funcionan e o seus efectos son demoledores. De aí que os responsables de tomar decisións deben facer algo máis que cobrar por iso.
    Moitas grazas por pasarte, Daniel. E un saúdo.

  3. I took 1 st home loans when I was 20 and it aided my family a lot. Nevertheless, I require the financial loan again.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s