Banda Sonora

Afortunadamente vivimos rodeados de notas, de sons, de ruídos, de voces… en definitiva, de música. E este espazo non ía ser menos. Por iso, cada certo tempo incerto, sen data  nin motivo fixado, as cancións atoparán o seu oco no espazo para colarse e instalarse nesta pequena fiestra ó mundo virtual. Ás veces terán que ver co medio natural e outras só lle porán ritmo a noticias, reflexións ou estados de ánimo. Unha banda sonora para este blog, no que se aceptan suxerencias (vía mail ou comentario).
E para estrear esta gramola particular, escollemos a Jordi Skywalker, que tras triunfar nos 90 con Buenas Noches Rose regresa agora convertido nun pai de familia numerosa e con novo estilo baixo brazo. Trátase de Corazón de padre atómico (Paul Music) disco que, segundo lle conta á nosa Marta en Lecer, trátase dun alegato “derockarromato and roll ecolóxico”, producido  polo propio artista para volver ás raíces e aprender a vivir co que nos dá a terra.
Jordi Skywalker no seu burro

Jordi Skywalker no seu burro

 

Déixovos gozando da música!

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s