Galicia potencia

fenix

Galicia é unha potencia en educación ambiental. Non o digo eu, senón o presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), Pablo Meira, que hoxe veu culminado un esforzo que durou case un lustro: o Proxecto Fénix. Este é o nome que recibe un amplo estudo diagnóstico da educación ambiental en Galicia recollido en seis tomos nos que se analiza o sector. Os volumes inclúen, así, información sobre as empresas e equipamentos de educación ambiental, colectivos ambientalistas e ecoloxistas e a súa potencialidade como axentes de educación ambiental, e como unha aproximación ó tema dende o sistema educativo e a participación social.

Para iso, os integrantes da SGEA levan dende o 2006 traballando con todas os profesionais relacionados co mundo da educación ambiental a través de encontros que deron pé ós primeiros resultados demoscópicos sobre cultura ambiental de Galicia, especialmente alta dende o Prestige.

Un gran traballo enmarcado na Estratexia Galega de Educación Ambiental que debemos celebrar.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s