Boicot ós transxénicos

Activistas saboteando dous campos experimentais de millo transxénico en Girona

Activistas saboteando dous campos experimentais de millo transxénico en Girona

 

Os transxénicos apodéranse do noso agro. Con máis de 75.000 hectáreas sementadas no 2009, o Estado concentra aproximadamente o 80% da superficie con millo transxénico da UE. De feito, durante os últimos anos, o 42% dos campos experimentais a ceo aberto de OMG na UE son españois. Colectivos agrarios e ecoloxistas levan anos denunciando os perigos da presenza destes cultivos, en mans de multinacionais que controlan os mercados agrarios e de sementes, dando pasos axigantados por facerse co control mundial das sementes.

Para chamar a atención sobre o problema, decenas de persoas boicoteraron este luns dous campos experimentais de millo transxénico propiedade da multinacional Syngenta (a terceira empresa de sementes máis grande do mundo despois de Monsanto e de Dupont) situados no termo municial de Torroella de Montgrí (Baix Empordà, Girona, Catalunya). Ademais de arrasar co “experimento tranxénico a ceo aberto de Syngenta”, os activistas denunciaron a actitude dos gobernos, “cómplices das multinacionais biotecnolóxicas” , que levan doce anos “impoñendo unilateralmente” organismos modificados xeneticamente na agricultura e na alimentación.

Cabe recordar que Galicia non escapa ó problema dos tranxénicos, coa autorización por parte do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño ós primeiros cultivos na comunidade. Dende o país recórdase, que as patentes sobre as sementes impiden o autobastecemento e expulsan ós produtores das explotacións, que comezan a dedicarse a monocultivos de transxénicos e biocombustibles. Por iso, e ante o perigo en extinción da cultura labrega, o noso rural esixe o aumento da base territorial para cultivar alimentos sans e de calidade.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s