Brinde polo territorio

Foto: Carlos Vallecillo/WWF

Foto: Carlos Vallecillo/WWF

Hai tempo que pequenas adegas nos permiten brindar con viño saúdable, respectuoso co medio e dunha alta calidade. Aínda que en Galicia non existen moitos referentes, o certo é que os viticultores ecolóxicos existen. A súa filosofía: non matar, senón convivir. De aí o cambio dos fertilizantes industriais por abonos naturais ou o uso de cultivos biolóxicos cos que potenciar a produtividade da terra.

Agora, WWF/Adena pretende convertir estes caldos en 100% ecolóxicos, promovendo os tapóns fabricados con corcho certificado co selo FSC, que garante a xestión responsable dos bosques. Esta experiencia, denominada Viño ecolóxico e corcho FSC: un brinde polo territorio, nace do vínculo entre dúas empresas vangardistas no sector. Dun lado, Dagón Bodegas, a primeira bodega europea en usar corcho FSC para tapar os seus viños. Doutro, Espadán Corks, o primeiro produtor español en conseguir a certificación FSC das súas corticeiras na serra de Espadán (Castellón) e da súa fábrica de tapóns. Con esta unión como modelo, WWF traballa agora para extender esta experiencia entre viñedos e bodegas a outras comunidades,  aunando a responsabilidade empresarial co respecto ó medio  para manter a viabilidade económica, ambiental e social das explotacións participantes e contribuír ó futuro do rural.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s