Cadea humana no Lagares

cadeahumanalagares

Os veciños do Lagares e o colectivo A ría non se Vende celebran mañá unha cadea humana que bordeará o perímetro da depuradora do Lagares para esixir un correcto saneamento da ría de Vigo e expresar o seu rexeitamento á construción da nova macrodepuradora. Os colectivos convocantes recordan que a grave contaminación que sofre a ría de Vigo non se vai solucionar cunha infraestrutura que nace deficitaria e que, segundo denuncian, completaría a destrución irreversible da Xunqueira e dos seus valores naturais como zona húmida, ocuparía ilegalmente territorio dentro do dominio público marítimo- terrestre e terían que expropiar as casas e terreos a varias familias da contorna, ademais de seguir estragando a saúde e a calidade de vida da veciñanza.

CADEA HUMANA:
SANEAMENTO EFICAZ SI, MACRODEPURADORA NON!!!
SÁBADO DÍA 17 ÁS 19:00h
(diante da depuradora de Coruxo)

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar un comentario