Destrución a toda costa

vigo

Crecemento urbanístico da ría de Vigo

Crecemento urbanístico da ría de Vigo

A costa galega sufriu na última década a maior recualificación da súa historia. Así o advirte o último informe Destrución a toda costa da organización ecoloxista Greenpeace, onde se advirte que os diferentes plans sectorais que se están a promover en Galicia (piscifactoría, portos, eólico…) xunto co sector inmobiliario pretende ‘cementar’ 1.200 dos  1.720 quilómetros que conforman o litoral galego.

Segundo alerta Greenpeace, neses dez anos, Galicia habilitou solo para construír 800.000 vivendas, o dobre das existentes ata ese momento. Do mesmo xeito, o informe ve con preocupación a “avalancha” de amarres, que o plan de portos deportivos pretende elevar a 31.000, e de recheos nas rías, especialmente os máis de 200.000 metros cadrados que o Porto de Vigo lle pretende gañar o mar sen contar cun Plan de Usos. A falta de saneamento das rías é outro dos puntos negros do noso litoral, chamando a atención sobre a “permisividade” dos gobernos galegos coas industrias asentadas nuns dos ecosistemas máis valiosos do país. ENCE en Pontevedra, Reganosa en Ferrol ou Ferroatlántica en Cee son algúns dos exemplos que Greenpeace cita no informe.

Á marxe do caso galego, Greenpeace recorda que nos últimos vinte anos destruíronse na costa española a superficie equivalente a oito campos de fútbol ó día. Así, o informe alerta que cada día se degradan 7,7 hectáreas de costa para crear urbanizacións, solo industrial e comercial.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s