SOS polas Brañas do Sar

Brañasdosar2

O centro social do Sar, en Santiago de Compostela, acolle hoxe ás 19.00 horas a inauguración da exposición As Branhas do Sar em fotos, organizada pola asociación ecoloxista Verdegaia e a Asociación Cultural Gentalha do Pichel para esixir a protección dun dos espazos naturais máis senlleiros da capital galega.

Estas brañas, situadas entre o caso urbano da capital e a Cidade da Cultura, é un ecosistema único, rico en xunqueiras; labirintos de salgueiros, ameneiros e freixos; as leiras de produción caseira, as vimbieiras dos cestos, orquídeas autóctones e a case desaparecida andoriña do cu branco. Non obstante, as corenta e seis hectáreas que conforman as Brañas vense ameazadas por un plan especial que, segundo denuncian Verdegaia e O Pichel, pretende urbanizar un 15% máis desta paraxe natural. Así, ademais da consolidación das constracións levadas a cabo en anos anteriores, levantaranse novas avenidas, edificios públicos e instalacións deportivas.

As imaxes que compoñen a exposición, tomadas no roteiro que se fixo esta primavera para coñecer o espazo natural, pretenden denunciar as agresións do plan especial e destacar os valores naturais, os estímulos positivos e vitais e a economía sustentable que alberga esta paraxe.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s