A vivenda como terceira pel

Palla, arxila, pedra, madeira, cáñamo, cal e cortiza natural. A arquitectura do futuro atopará nestes materiais a base para levantar calquera construción cun baixo impacto ambiental e un menor custo económico. Este é o piar sobre o que se asenta a bioconstrución, un movemento onde a orientación da vivenda, a súa distribución ou o modelo enerxético se rexen por unha filosofía verde que gaña adeptos. Mostra disto é o campo de traballo sobre bioconstrución organizado por Amigos da Terra e que se levará a cabo entre o 20 e o 29 deste mes nunha das instalacións pioneiras desta corrente: o centro ourensán das Corcerizas.

as corcerizas

Facer da vivenda a nosa terceira pel é o obxectivo desta iniciativa, na que os participantes aprenderán a minimizar a agresión que supón levantar un edificio, axudando a conseguir un hábitat san, saudable e en harmonía coa contorna.

Ademais do campo de traballo, As Corcerizas acollerá unhas xornadas abertas ó público, nas que se tratarán diversas facetas da bioconstrución e arquitectura bioclimática. O prezo é de 20 euros e para apuntarse só hai que enviar un correo a info@ascorcerizas.com.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s