Cambios no horizonte

Rosa Aguilar asume a carteira 'verde'. Foto: Juan Ferreras (EFE)

Rosa Aguilar asume a carteira 'verde'. Foto: Juan Ferreras (EFE)

Elena Espinosa, ata onte ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño di adeus cun balance non moi positivo en política ambiental. Tras desprazar os temas verdes ata convertilos en secundarios e a falta de comunicación cos movementos ecoloxistas, a súa substituta Rosa Aguilar, non ten por diante unha tarefa fácil: devolverlle ó medio o protagonismo que merece e a cidadanía reivindica. ¿Cal será o perfil da nova ministra? Hai dúas vías: a ambientalista de Cristina Narbona ou a paralización de políticas ‘verdes’ de Espinosa. Con non moi bo currículum para os movementos ecoloxistas, que suspenden a súa xestión ambiental como alcaldesa de Córdoba, Aguilar xa ten deberes inmediatos:

1. Asumir a redución do 40% das emisións domésticas responsables do cambio climático para 2020.

2. Desenvolvemento da Lei de Patrimonio Natural e Biodiversidade e a posta en marcha do Plan Estratéxico da Biodiversidade.

3. Bloquear a entrada de cultivos transxénicos no Estado, potenciando medidas que fomenten a soberanía alimentar.

4. Aproveitar a reforma da Política Común de Pesca (PPC) para reverter a situación actual e apostar decididamente pola frota artesanal e a pesca sostible.

Seguirémola moi de preto…

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

One Response to Cambios no horizonte

  1. Rubén di:

    Aposto que non vai levar ningunha desas tarefas a cabo e nos van a deixar en pelotas no cambio de goberno…
    Parabéns polo blogue.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s