Bosque 'postal'

Labores de reforestación nun monte de Chaín. Foto: Ana

Labores de reforestación nun monte de Chaín. Foto: Ana

Potenciar a biodiversidade, atallar a erosión e desertificación do solo e contribuír á reforestación. Con este triplo obxectivo, Correos vén de asinar un convenio de colaboración coa asociación ecoloxista WWF/Adena para poñer en marcha o seu sétimo bosque en Galicia. O alto valor ecolóxico da comunidade e o feito de que apenas queda entre o 5 e o 15% do que un día foron grandes extensións de bidueiros e carballeiras foron os motivos esgrimidos pola empresa postal para continuar coa súa política verde en Galicia.  Ademais, en España máis do 40% das emisións de CO2 provocadas por incendios proceden de Castela e León e Galicia.

As accións de mellora forestal levaranse a cabo en Lugo, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, a través do seu organismo autónomo o INLUDES, sobre unha extensión de preto de sete hectáreas que inclúen: Insúa de Burneiros (Lugo), Insúa de San Roque na Reserva da Biosfera ‘Terras do Miño’ (Lugo) e a Granxa Gayoso Castro. En Pontevedra, WWF intervirá sobre dez hectáreas, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Val Miñor, en Santa Cristina de Ramallosa (Bayona), Borreiros (Gondomar) e Chandebrito (Nigrán).

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s