Fracaso en Nagoya?

bioA reunión internacional que se está a celebrar estes días na localidade xaponesa de Nagoya co obxectivo de pechar un novo Convenio sobre biodiversidade biolóxica que free a extinción das especies pode quedar en saco roto. Tras o fracaso do cumio de Conpehaguen sobre o cambio climático, o resultado da cita xaponesa pode quedar moi lonxe dos retos marcados: frear a extinción antes de 2020 e vivir en equilibrio co medio para 2050. A falta de interese por parte dos gobernos, o peso da crise económica sobre a ambiental e os incumprimentos reiterados na última década para conservar a biodiversidade augúranlle un negro futuro á flora e fauna mundial.

Para coñecer a cita por dentro, o GH ofrece hoxe unha conversa co galego Fernando Ramos, experto en comunicación e educación ambiental que participou como observador de Amigos de la Tierra no cumio. A súa impresión é rotunda: “Non se vai actuar ata que non comecemos a pagar as consecuencias da perda de especies”. A cara positiva: aínda estamos a tempo. Podedes ler a entrevista aquí.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Fracaso en Nagoya?

  1. Daniel Sánchez di:

    O urxente (a crise) está a gañar a o importante (o cambio climático): pagaremos as consecuencias .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s