Adeus ó último oso dos Pirineos

Foto de arquivo do oso Camille

Foto de arquivo do oso Camille

O último oso pardo que habitaba nos Pirineos, leva desaparecido dende o mes de febreiro. Enfermo e envellecido, Camille era o último representante da variedade autóctona de oso pardo da cordilleira. Os expertos deron hoxe por desaparecido ó animal e, con el, á especie propia destas montañas. ¿A que se debe? O Fondo para a Proteción dos  Animais  Salvaxes (FAPAS) teno claro: a falta de interese das Administracións por salvar a biodiversidade.

Coa desaparición do oso pardo nos Pirineos, a cordilleira cantábrica convértese no último reducto, no que viven preto dun cento de exemplares distribuidos entre León, Palencia, Cantabria, Asturias e mesmo Galicia, onde nos últimos anos se atoparon evidencias da presenza de osos no Courel. Mais no norte tampouco teñen un seguro de vida, ó estar ameazados pola fragmentación do hábitat, problema derivado da proliferación de infraestruturas.

E nesta semana no que a biodiversidade foi a protagonista -case nunca para ben-, o cumio de Nagoya pechou as súas portas co acordo de protexer o 17% das áreas terrestres e un 10% das mariñas de aquí a 2020. Un acordo insuficiente que deixa sen definir unha data concreta para deter a perda de biodiversidade, cuestión que apraza ata o cumio de 2012 na India. En definitiva: moitas palabras, poucas accións e as especies  desparecendo por minutos.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s