Lira chega a París

No medio desta ponte festiva para CASE todo o mundo, déixovos unha nova proposta de cinema ambiental. Trátase do documental LIRA, reserva de Vida na costa da Morte realizado por Saga TV, que relata en primeira persoa o nacemento da iniciativa por parte dos propios mariñeiros para revertir un dos maiores problemas que sofren os nosos océanos: a sobreexplotación das pesqueiras. 

LIRA_no_FIFE1

A cinta chegará a París o vindeiro 25 de novembro no marco do 28º Festival International du Film d´Environnement, FIFE, que seleccionou a película galega de entre máis de tres mil títulos. Así, Galicia, como comunidade pioneira en pesca sostible, será a protagonista no cine La Pagode de París, onde mariñeiros e mariscadores de Lira contarán a súa experiencia en galego (con subtítulos en francés). O documental compartirá escenario con películas de relevancia mundial como por exemplo o documental The End of the Line, de Rupert Murray. Esta será a segunda vez neste 2010 en que o documental se proxecte nun certame global, despois da experiencia no Festival Internacional de Cine y Medio Ambiente de la Ciudad de Zaragoza, ECOZINE.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to Lira chega a París

  1. Daniel Sánchez di:

    ¡¡¡Noraboa ós pescadores de Lira!!!

  2. Pingback: best articles

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s