Desprotección total

Galicia está en risco de sanción comunitaria polas cada vez maiores eivas en política ambiental. A carencia de plans de xestión para os espazos protexidos, especies ameazadas sen proxectos de conservación e ríos cos recursos sen ordear son as principais carencias que presenta o medio natural galego, cada día máis ameazado pola falta de atención por parte das administracións.

As presións industriais e urbanísticas son, a día de hoxe, o maior perigo para todos aqueles espazos protexidos pola Rede Natura, ó carecer dos correspondentes plans de conservación. A Unión Europea abriu en decembro de 2004 un prazo de seis anos para redactar estas ferramentas, mais a Xunta xa confirmou que non chegará a tempo, enfrentándose así á posibilidade de ser expedientada. De non facelo de oficio, o movemento ecoloxista galego xa advertiu que se encargará de denuncialo. Así o fixo xa a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, quen presentou unha iniciativa no Parlamento Europeo para saber se a si a Xunta enviou unha proposta de ampliación da Rede Natura xunto cos correspondentes plans de conservación dos espazos integrados. Cabe recordar que Galicia é a comunidade con menor porcentaxe de superficie protexida, cun 12%, só por superada por Ceuta e Melilla. A consellería de Medio Ambiente do Bipartito, dirixida por ‘Pachi’ Vázquez, redactara un borrador no que se prevía ampliar a superficie ata un 18% –aínda por baixo da estatal–, así como un plan de conservación, dúas propostas que foron paralizadas pola Xunta popular.

A este respecto, a secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, apuntou onte que a Xunta reservou unha partida de “cero euros” para a ampliación da da Rede Natura, polo que a comunidade corre o risco de ser apercibida pola UE. Gallego afondou na posibilidade de sanción europea que fixo extensible ó incumprimento en materia de calidade de augas nos ríos e as rías, dado que os orzamentos da Xunta para o ano próximo revelan unha política ambiental “inexistente”. Gallego puxo de manifesto que as contas para 2011 revelan un descenso de 130 millóns para Augas de Galicia e a empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos. De aí a diminución de obras de abastecemento, saneamento e posta en marcha de depuradora. Gallego tamén criticou que o Plan de residuos da Xunta, no que se prima a incineración”, tampouco sairá adiante. “Prevé un investimento de 500 millóns ata 2020, pero en 2011 unicamente contará con cinco millóns”.

 A isto habería que engadir que as especies ameazadas ou en perigo de extinción carecen de plans específicos para a súa conservación. De feito, o Observatorio galego da Biodiversidade  leva máis de dous anos sen convocarse a pesar de ter a obriga de  facelo anualmente. Unha carencia á que se suma a ausencia de plans de xestións dos recursos piscícolas nas concas de interese pesqueiro.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s