Día sen compras

Cartel de Jorge Alaminos para o Día sen compras

Cartel de Jorge Alaminos para o Día sen compras

 

O vindeiro venres 26 de novembro vaise celebrar o 19º Día sen compras en distintas cidades de decenas de países do mundo. Este día simboliza a procura de alternativas que nos permitan superar un modelo de consumo que se mostrou insostible social e ambientalmente. O Día sen compras (DSC) celébrase inmediatamente logo da conmemoración do día de Acción de Grazas. A elección da data débese a que este día representa o pistoletazo de saída á onda consumista das compras do Nadal, principalmente en EEUU. A idea do DSC foi proposta en Canadá contra os excesos consumistas e celebrouse coa lema “o bastante é suficiente”, o mes de setembro de 1992. Posteriormente foi impulsada por diversos colectivos de distintas partes do planeta.

No DSC non só se invita á poboación a reducir o nivel de consumo, senón que tamén é un día para a reflexión e crítica ós valores consumistas e para a proposta de alternativas. Ecologistas en Acción e Greenpeace aproveitan esta xornada para denunciar un sistema inxusto, alienante e insostible e para reivindicar o consumo local, xusto e ecolóxico dos produtos necesarios. A primeira iniciativa das organizacións ecoloxistas para dar a coñecer o Día sen compras  foi un concurso de carteis, do que resultou gañador o confeccionado por Jorge Alaminos e que vos deixo aí arriba. Particularmente, de entre os preto de 40 candidatos, a min gústame este de Arancha Yáñez:

Cartel de Arancha Yáñez

Cartel de Arancha Yáñez

O DSC é  unha ocasión para a reflexión colectiva sobre o noso modelo de consumo, e promover o exercicio dun consumo crítico e responsable os outros 364 días do ano. Apuntádeo na axenda.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s