Lixo: cuestión de eficiencia, non de rendibilidade

Toneladas de lixo nas instalacións de Sogama. Foto: Ramón Escuredo

Toneladas de lixo nas instalacións de Sogama. Foto: Ramón Escuredo

 

A xestión e tratamento do lixo non é rendible. Á crise que vive o Complexo Medioambiental de Cerceda -incapaz de tratar o 60% do preto do millón de toneladas de residuos que recibe e cunha débeda municipal superior ós 15 millóns de euros- súmase agora a difícil situación das plantas de compostaxe de Nostián (A Coruña) e Servia (Lousame), ó bordo do peche. A primeira, afectada por importantes deficiencias de funcionamento derivadas da técnica escollida para o tratamento dos refugallos -biometanización- e dunha mala recollida selectiva. A segunda, por unha débeda local que ascende a 8,5 millóns de euros e unha caída de ingresos derivados das empresas recuperadoras do lixo, nomeadamente Ecoembes. A compostaxe foi historicamente o modelo preferido polo movemento ecoloxista por ser o máis sostible dende o punto de vista económico, social e ambiental. Mais agora, coa crise apuntando directamente sobre as súas plantas, o debate volve poñerse enriba da mesa: ¿é a compostaxe unha opción viable para tratar os nosos residuos ou é preferible apostar pola incineración?

“Agora todo o mundo se pregunta pola viabilidade da compostaxe pero ningún pon en dúbida a da incineración. Economicamente falando, ningunha das dúas opcións é viable”. Así o apunta Celestino Quintela, secretario da Federación Ecoloxista Galega (FEG), quen ve a eficiencia como principal diferenza entrambos os dous modelos. O custo da xestión dos residuos é cada vez maior, con prezos por tratamento da tonelada que vai dende os 55 euros de Sogama ós 75 de Nostián. Mais a crise cébase especialmente coas plantas de compostaxe por un motivo principal: as administracións, nomeadamente os concellos, seguen sen asumir o custo do lixo. “Os orzamentos locais teñen como prioridades aspectos como as infraestruturas e non son conscientes da importancia de tratar os residuos”, afirma Quintela. Aínda que a situación afecta ós dous modelos, Sogama conta, para os ecoloxistas, con dúas diferenzas importantes: o apoio da Xunta -socia maioritaria da planta- e o “prezo político” polo tratamento do lixo. “En Sogama, a metade do lixo incinérase pero a outra vai ó vertedoiro, polo que o complexo de Cerceda cobra por un servizo que non presta”, apunta Quintela. Segundo as estimacións da FEG, se Sogama tivese que devolver os cartos do que non trata entraría en quebra: “Tería que devolver uns 25 millóns de euros”.

A compostaxe, pola contra, afrontaría o custo real do tratamento pero, á irresponsabilidade dos concellos, súmase a falta de apoio da Administración. Esta situación faise evidente non só no futuro Plan de Residuos 2010-2020 -no que se aposta decididamente pola incineración coa apertura dunha segunda planta no Sur da comunidade-, senón no convenio que acaba de asinar con Ecoembes, polo que a empresa sen ánimo de lucro deixará de recoller -e polo tanto de pagar- o material recuperado que exceda a media estatal. Esta decisión deixará á planta de Lousame con 650.000 euros menos ó ano.

 Analizada á situación económica, queda por ver a eficiencia. Velaquí, os resultados da compostaxe son indiscutibles, cunha eficacia de recuperación de residuos catro veces maior que o complexo de Cerceda. Así o rebela o informe A recollida selectiva en Galicia, elaborada por Adega tomando como referencia o Documento de Inicio do Plan de Xestión dos RSU de Galicia 2010-2020 da Xunta e que constata que no ano 2008, as plantas de Nostián e Lousame reciclaron o 32% dos residuos sólidos urbanos dos 472.000 habitantes adscritos a este modelo. Fronte a esta porcentaxe, os 2.300.000 galegos pertecentes a Sogama só reciclaron o 8% total dos residuos. E das dúas opcións de compostaxe coas que conta Galicia, a do Barbanza eríxese na máis eficiente do Estado, triplicando a cifra media de recuperación de residuos por habitante. Cos datos na man, a FEG remata o debate: “A elección segue a estar clara. A compostaxe é a única fórmula de futuro para tratar os nosos residuos”.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s