Fin de semana micolóxica

setas

Metidos de cheo no outono e en plena temporada de cogomelos, a axenda desta fin de semana ofrécenos a posibilidade de gozar da micoloxía a través de propostas que ofrecen as asociacións ecoloxistas do país.

A primeira vén da man de Amigos da Terra, que organiza unha Fin de Semana outonal nas Corcerizas, en plena serra de San Mamede (Ourense). A iniciativa conta cunha dobre proposta: o sábado terá lugar un roteiro interpretativo ó Bidueiral de Montederramo, que virá seguido dun tradicional magosto popular. Xa o domingo será a quenda dos cogomelos, cunha xornada micolóxica, que estará conducida por Juan José Martínez, da asociación Os Cogordos. Así, a partir das 11.00 horas, os participantes aprenderán a recoñecer os diferentes tipos de cogomelos presentes no monte galego.

Verdegaia, pola súa banda, ofrécenos a posibilidade de descubrir a biodiversidade de cogomelos presentes na Serra do Cando (Pontevedra) este domingo. Para isto, contarán coa colaboración dunha experta micóloga: Puri Lorenzo, membro do laboratorio de micoloxía da Universidade de Vigo. O punto de saída será a entrada do pavillón de deportes de Pontevedra ás 09.00 horas e da gasolineira de Cerdedo ás 09.45 horas.

Escollades o que escollades, boa fin de semana.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s