Amnistía para as invasoras

Voluntarios de Adega traballando na extinción de invasoras nas marxes do río Tea. Foto: Ramsés Pérez

Voluntarios de Adega traballando na extinción de invasoras nas marxes do río Tea. Foto: Ramsés Pérez

As especies exóticas invasoras son, tras a destrución de hábitats, a ameaza máis importante para a biodiversidade, así como unha das principais causas da extinción das especies autóctonas. Consciente desta situación, o Ministerio de Medio Ambiente -a instancias da UE- está en plena elaboración do Catálogo de Especies Invasoras, no que se rexistran un total de 217 tipos. O borrador, que lle acaba de ser enviado ás comunidades autónomas no seu estado, prevé a erradicación dunhas especies prexudiciais para os hábitats, a excepción de oito para as que formula unha especie de ‘amnistía’. Segundo o documento provisional, o Ministerio cre que se pode “xestionar” a conservación, nunhas áreas xeográficas determinadas, dun total de 8 especies polo seu “interese para a actividade humana”. Entre elas estarían o Peixe gato negro, a Carpa, o Lucio, o Hucho, a Perca Americana, o Salvelino e o Siluro entre os peixes e o Arruí entre os mamíferos.

Á marxe desta proposta -aínda provisional-, todas as especies que se inclúen no catálogo non poderán ser introducidas no medio natural e quedará prohibida a súa posesión, transporte, tráfico e comercio. Ademais, non poderán ser consideradas especies pescables nin cazables, nin poderán ser xestionadas co obxectivo de favorecer a súa conservación ou fomento.

Galicia é pioneira na erradicación de flora invasora grazas ó Campo de Voluntariado do Tea, proxecto de voluntariado en ríos posto en marcha hai catro anos por Adega. A actuación levouse a cabo nun tramo de tres quilómetros nas marxes do río Tea ó seu paso por Mondariz. Agora, un incipiente bosque autóctono formado principalmente por bidueiros deixa atrás toneladas de exemplares de acacia negra, falsa acacia, mimosa, tintureira, bambú, coniza e garrapatón que os grupos de voluntarios lograron primeiro controlar e finalmente erradicar. Un éxito do voluntariado ambiental que agora será imitado polos gobernos.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Biodiversidade coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Amnistía para as invasoras

  1. Rubén di:

    É un erro tremendo concederlle a amnistía ao Siluro, ao peixe gato e ao lucio. Son algunhas das especies máis perigosas e nocivas do medio acuático. No caso do Arruí, por exemplo, o negocio creado aorredor da súa caza anteponse á conservación de certos taxóns botánicos..unha auténtica vergoña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s