Árbores ameazadas en Vilalba

Logo_ALAMEDA[1]

A Plataforma A Alameda, espazo da nosa memoria convocou unha concentración cívica para o vindeiro sábado 20 de novembro en Vilalba (Lugo), coa finalidade de reclamar aos xestores municipais a defensa dos espazos públicos atendendo a criterios de sustentabilidade e respecto ao patrimonio natural e cultural da Terra Cha. Esta iniciativa xurdiu de xeito espontáneo o pasado 7 de novembro, debido á indignación de moitos veciños de Vilalba pola tala dun dos simbólicos castiñeiros de indias da Alameda Basanta Olano, ordenada polo Concello. A isto hai que engadir a tala de pradairos na mesma contorna urbano e o cambio do pavimento tradicional de grava por outro de pedra,  medidas que, segundo o colectivo, están a ser mal recibidas por numerosos sectores da sociedade vilalbesa, descontentos coa actuación municipal.

O grupo municipal de Goberno argumentou a súa decisión nuns informes técnicos que foron cuestionados por algúns membros da oposición, a organización ecoloxista Adega, varios expertos en Bioloxía e diversas entidades culturais da comarca chairega.

O acto programado para o sábado 20 de novembro terá lugar na Alameda. Será presentado polo xornalista Moncho Paz e contará coa presenza de Antón Baamonde, escritor e ensaísta nado en Vilalba, que será o encargado de ler o Manifesto da Plataforma. Estarán acompañados por dous poetas chairegos, María Xosé Lamas e Francisco Roca Constenla, mentres a nota musical correrá por conta do grupo Buxos Verdes.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Bosques coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s