Bosques galegos, ameazados

A louseira da Campa siúase no medio do souto de Santa Eufemia, en Folgoso do Courel. Foto: Fran Nieto

A louseira da Campa siúase no medio do souto de Santa Eufemia, en Folgoso do Courel. Foto: Fran Nieto

O Souto de Santa Eufemia, emprazado en pleno corazón do Courel, vén de facerse co premio ó Bosque Ameazado do Ano que outorga a ONG Bosques sin Fronteras e o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Galicia convértese así, e por terceiro ano consecutivo, na comunidade co ecosistema forestal en maior perigo, tras o recoñecemento en 2008 ó Bosque Casa Grande da Fervenza do Corgo (Lugo) e ó do Pazo de Cascaxide (Silleda) en 2009. Se nestes casos o motivo da ameaza era a corta ilegal de árbores centenarias, o que degrada o souto de Santa Eufemia non é outra que a actividade da louseira da Campa.

Cun patrimonio natural envexable, que é o que leva a Galicia a converterse ano tras ano na comunidade que ostenta o ‘recoñecemento’ de contar co bosque ameazado do ano? Susana Domínguez, enxeñeira forestal e presidenta da ONG Bosques sin Fronteras, teno claro: a oferte actividade económica que segue existinto no medio forestal galego e o arraigo que estas prácticas, moitas veces depredadoras, ten entre a poboación. “A sociedade galega está moi vinculada a ese aproveitamento que se fai do monte, xa sexa a través da industria madereira, mineira, eólica…”, asegura Susana, quen tamén advirte da dificultade de xestionar un monte altamente fragmentado e en mans de numerosos propietarios.

Detalle do Souto de Santa Eufemia. Foto: Fran Nieto

Detalle do Souto de Santa Eufemia. Foto: Fran Nieto

Chamar a atención sobre a degradación que sofren os ecosistemas forestais e lograr o apoio de administracións e cidadáns para mudar a situación é o dobre obxectivo que persegue a ONG ambientalista. Este ano, o foco recae sobre oitenta e oito hectáreas de castiñeiros tricentenarios, ameneiros e freixos situados en pleno corazón do Courel, unha paraxe de singular beleza e rica biodiversidade que se ve ameazado pola louseira da Campa, que xa acabou con 52 das 140 hectáreas orixinais. A pesar da orde peche emitida en 2002 e confirmada polo Supremo, a louseira segue a funcionar, arrasando parte da contorna natural na que se enmarca. Xunto coa desaparición de parte do souto de Santa Eufemia, a louseira e a súa entulleira destruíron, ocuparon e contaminaron un quilómetro do río Loruda e das súas ribeiras, converténdoo nun xigantesco depósito de millóns de toneladas de residuos. Unha difícil situación que compromete a viabilidade dun ecosistema localizado nunha paraxe cunha biodiversidade única como o Courel.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Bosques coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Bosques galegos, ameazados

  1. Daniel Sánchez di:

    A declaración de Parque Nacional sería fundamental para protexer o conxunto do Caurel. Pero requeriría a vontade política de todos…

  2. FANÁTICO MODERADO di:

    Es curioso que se advierta la dificultad de gestionar un monte altamente fraccionado y luego las organizaciones ecologistas y los responsables de montes le declaren la guerra a la concentración parcelaria. Si existen esos montes es porque alguien se ocupaba de ellos y los gestionaba. Si a la persona que tiene que vivir en el campo las ahogamos con restricciones normativas ¿a qué le estamos abocando? ¿Queremos el abandono del monte? ¿Nos acordaremos del abandono cuando arda todo? ¿Si no se puede abrir una pista, cómo se puede explotar una finca, cómo se puede apagar un incendio?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s