Involución ambiental

adega

Galicia vive unha involución ambiental sen precedentes que ten como principal vítima o territorio. Esta é alerta lanzada dende a asociación ecoloxista Adega que, tras celebrar este sábado a súa 35 Asemblea Xeral na Coruña, fixou como máxima prioridade promover un pacto social en defensa do elemento máis identitario do país: a nosa terra. “Estamos nun momento complicado, coa promulgación de cantidade de políticas depredadoras co noso territorio, que causa unha perda irreversible do noso patrimonio natural e cultural”, indica a presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez, quen apunta á posibilidade de promover unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en defensa do territorio, tomando como exemplo o consenso logrado en 2007 coa aprobación unánime do Parlamento da ILP en defensa dos ríos.

As Directrices de Ordenación do Territorio (DOT); o Plan de Ordenación do Litoral (POL); plans sectoriais como o éolico, hidrolóxico ou o de residuos; as modificacións “á carta” de determinadas normativas como a Lei do Solo ou a recuperación da Lei de Acompañamento son, para Adega, un claro exemplo das políticas insustentables aplicadas polo Goberno popular coa excusa da crise. “A Administración pretende aplicar a ortodoxia neoliberal con receitas xa coñecidas: urbanismo á carta, máis incineración, máis muíños a dedo, máis minicentrais, máis asfalto e coches… e espazos naturais menos protexidos, menos restricións urbanísticas, menos tren de proximidade, menos dereitos cidadás…”, esgrime a asociación. Ante esta situación, e no mesmo escenario no que a asociación ecoloxista naceu hai agora 35 anos, Adega márcase o reto de reforzar a súa estrutura para lograr transmitirlle á cidadanía a repercusión da crise ambiental que vivimos nun momento no que os problemas sobre o medio non se perciben como unha prioridade.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en política coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s