Educación ambiental en extinción

SGEA

A educación ambiental en Galicia está en perigo de extinción. Á marxinación histórica deste sector por parte das administracións públicas súmase agora un recorte orzamentario nas políticas “verdes” dun 33% para o vindeiro ano, partida xa de por si reducida que contempla “cero euros” para a educación ambiental. Unha situación que derivará non só na conxelación dos proxectos e iniciativas postas en marcha, senón nun retroceso destes. Así o denuncia a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), que acaba de poñer en marcha un manifesto de apoio ó sector para evitar que todo o conseguido nas últimas tres décadas caia en saco roto.

“A tradicionalmente precaria situación da Educación Ambiental na nosa comunidade está a vivir un importante retroceso: recortes en actividades e recursos, peche e infrautilización de equipamentos públicos, despedimentos e peche de empresas, dilapidación de recursos…”, explica Miguel Pardellas, integrante da SGEA. Non é unha afirmación gratuíta, senón unha conclusión extraída da análise feita por representantes de equipamentos e empresas de educación ambiental, profesorado, concellos e grupos ecoloxistas reunidos en Compostela no marco do XII Encontro da SGEA. A principal preocupación do sector está no recorte de actividades e recursos derivado da caída dos orzamentos, que mesmo provoca a supresión das escasas convocatorias de axudas públicas. Esta falta de apoio económico leva a que moitas empresas se vexan abocadas a deter a súa actividade, mesmo contemplando un posible peche nun futuro non moi afastado. Xunto cos prexuízos económicos, a parte educativa tamén quedará seriamente tocada. De feito, a decrecente presenza da educación ambiental nos contidos do currículo escolar e na formación do profesorado acentuarase coa redución de programas ligados ó medio. Este parón provocará, ademais, que a posta en marcha dunha nova Estratexia de Educación Ambiental quede aparcada. “Estase aproveitando a escusa da crise e dos recortes orzamentarios para evitar dinamizar un ámbito no que non se cre, como é o da educación ambiental”, denuncia Pardellas.

Cun panorama tan negro por diante, a SGEA decidiu poñer en marcha o manifesto Non á desaparición da educación ambiental en Galicia, ó que se pode adherir a través da web da SGEA (www.sgea.es). O obxectivo non é outro que o de demostrar a importancia da educación ambiental, especialmente agora no que Galicia está a vivir unha proliferación de normas ambientais -con diversos plans que ordenan o territorio (Plan do litoral, Lei do solo, Directrices de Ordenación do Territorio…), a xestión dos residuos ou a mobilidade-. “A educación ambiental convértese na mellor ferramenta para lograr que estas políticas cheguen a bo porto”, afirma Pardellas, quen insiste na necesidade da participación cidadá. Por iso, e ademais de reclamar un maior apoio da Administración cara este sector -a través dunha maior aposta económica e educativa-, a SGEA recorda que a verdadeira crise actual é a ambiental, de aí a necesidade de potenciar instrumentos sociais como a educación ambiental.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Educación coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s