De Quioto a Durban pasando por Copenhaguen e Cancún

Foto: Elizabeth Ruiz/Efe

Foto: Elizabeth Ruiz/Efe

Cando a crise económica comezou a chamar á nosa porta -é dicir, á da banca-, todos os mandatarios a escala planetaria non dubidaron en poñerse en marcha e a través de sucesivas ‘reunións Gs’ -G6,G8, G20…- aplicaron unha serie de medidas destinadas a ‘rescatar’ as nosas economías -é dicir, a salvarlle o cu á banca-. ´

En 1992, o coñecido como Cumio de Río puxo sobre a mesa a ameaza inminente doutra gran crise global: a climática. Cinco anos houbo que agardar para que os países industrializados tomaran cartas no asunto, asinando o coñecido como Protocolo de Quioto, un acordo internacional que buscaba reducir o volume de emisións causantes do efecto invernadoiro. A piques de expirar o acordo, a falta de compromiso dos gobernos e mesmo a negación da crise climática por parte de moitos Estados provocou que, lonxe de lograr unha redución do 8%, as emisións se multiplicaran por catro na última década. A mesma falta de vontade política dos mandatarios mundiais fixo do Cumio de Conpenhaguen en 2009 -presentado como o último intento para frear o quecemento do planeta- un auténtico fracaso. A sensación de fracaso tan grande e a mala imaxe proxectada polos líderes internacionais deu lugar a un único aspecto positivo: que o recente Cumio de Cancún non acabase sen ningún acordo. Apoiado por EEUU, China e Xapón e rexeitado por Bolivia, o pacto -máis que feble- volve adiar a decisión de elaborar ou non un novo protocolo que substitúa ó de Quioto, pero abre a vía para crear un Fondo Verde Climático que mobilice 100.000 millóns anuais a partir de 2020. Máis alá de meras declaracións de intencións, a cita péchase sen abordar puntos claves: non se establece 1,5 graos como aumento de temperatura máximo, non se fixan uns compromisos de redución de emisións dos países industrializados en consonancia coa ciencia, non se evita que os mecanismos de financiamento xeren unha nova débeda externa a través do pagamento dos intereses e ofrécese  un cheque en branco ó aprobar un documento que inclúe apartados que están por definir nun futuro.

Cos gobernos empeñados en que as políticas verdes sexan meros compomisos que quedan ben sobre o papel e ocupados en ‘salvar’ á banca do inferno e recortar os dereitos laborais dos cidadáns, a esperanza deposítase agora en Durban (Suráfrica), onde terá lugar en 2011 unha nova cita climática. Seguiremos agardando…

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Cambio climático coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s