Publicidade ¿verde?

A publicidade segue usando mal e sen control a terminoloxía ambiental. Esta é a denuncia que fai a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), que vén de publicar un informe no que advirte do “lavado de cara verde” no que están incurrindo as empresas á hora de publicitar os seus artigos. Tras visionar os spots emitidos durante os meses de primavera e verán,  OCU sostén que as firmas utilizan nos seus anuncios argumentos ecolóxicos que son falsos ou certos só a medias. “Asistimos a un crecente lavado de cara verde das marcas, que pretenden asociar a súa imaxe á dun planeta limpo e un futuro sostible sen aportar razóns convicentes para iso”, alerta a OCU.

Os sectores do automóbil, a enerxía, alimentación e bebidas e produtos de limpeza son, segundo a organización de consumidores, os que máis incurren nesta publicidade ‘falsa’. Para ilustrar a súa denuncia,  a OCU ofrece unha serie de exemplos que evidencian os ‘enganos’ publicitarios.

renault

Renault ECO2. Para a OCU, os anuncios de coches non deberían utilizar referencias ecolóxicas, nin referencias ó medio como ‘eco’ ou verde por unha sinxela razón: os coches ecolóxicos non existen. Tal e como recorda a OCU, todos os vehículos requiren da contribución de combustibles fósiles polo que, a pesar de que coches híbridos ou eléctricos contaminan menos, “convertir o menor dano en beneficio é inadmisible”.

spresso

Nespresso. O anuncio do sistema de reciclaxe das cápsulas das novas máquinas de café é, para a OCU, un claro exemplo de como convertir en ecolóxico un produto que non o é. A organización de consumidores recorda que un produto sostible debe demostrar que ten un impacto ambiental reducido ó longo de todo o seu ciclo de vida -escasa contaminación durante o proceso de produción, baixo consumo en funcionamento e boa reciclabilidade ó final-. Por iso, para a OCU, Nespresso  está lavando a súa imaxe coa reciclaxe das cápsulas xa que, ambientalmente falando, resultaría mellor evitar o problema de xeración continua de residuos que provoca o sistema de cápsulas.

ecobola

Ecobola de Irisana. A OCU conta con moitos exemplos nos que a publicidade presume de cualidades dun produto que non poden demostrarse ou de propiedades que non teñen fundamento. Este sería o caso da ecobola de lavar, xa que  as probas feitas pola organización de consumidores rebelan que os seus resultados de lavado “son similares ós de lavar con auga soa”.

premio-sombra-2010-lavadora-verde

Esta non é a primeira vez que se denuncia como a publicidade se aproveita da ‘moda verde’ para vender máis. De feito, dende hai tres anos, a asociación Ecologistas en Acción entrega, en contaposición ós premios Sol de publicidade, os Premios Sombra, que sinalan os anuncios que destacaron ó longo do ano por transmitir valores machistas, discriminatorios, irresponsables, insolidarios ou consumistas. O certame conta cun apartado ambiental denominado Premio lavadora verde ó maior lavado de cara ecolóxico, que este ano recaeu na campaña ‘Bolsa Caca’ de Carrefour, por ser un “exemplo da falacia da sensibilidade ambiental da empresa ó disfrazar de verde un modelo de desbaldimento, insutentable ambientalmente e inxusto social e laboralmente.

Fronte a estas prácticas, a OCU defende a existencia dunha publicidade ecolóxica real, que anime a reciclar, dea consellos prácticos de como aforrar, promocione produtos ecodeseñados ou con certificacións ecolóxicas independentes que garantan as súas vantaxas ambientais ou que tente influir na percepción do público para que cambie cara a hábitos máis respectuosos coa contorna. E neste ámbito, a OCU tamén atopa exemplos:

sigre

Punto Sigre. Campaña que fomenta a reciclaxe dos medicamentos, necesario para evitar unha posible afeción ó medio por parte dos principios activos dos fármacos.

roca

Roca. Unha campaña desta coñecida firma anima a tomar a auga do desaugadoiro do lavabo para reutilizala na cisterna do inodoro.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Consumo coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

1 Response to Publicidade ¿verde?

  1. Daniel Sánchez di:

    Interesantes reflexions. A publicidade trata de repetir mentiras de forma sistemática deica a convertilas en “verdades asumidas por todos”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s