O ‘lobby’ transxénico

 

Protesta de Greenpeace nun campo con millo transxénico. Foto: Pedro Armestre/Efe

Protesta de Greenpeace nun campo con millo transxénico. Foto: Pedro Armestre/Efe

 

Wikileaks, ese ‘monstruo’ que fai tremer a toda a política internacional, vén de rebelar –vía El País– o enorme negocio e as presións gubernamentais que hai tras os alimentos e cultivos transxénicos. A información desta fin de semana saca a luz unha estratexia conxunta dos gobernos de España e EEUU a favor das multinacionais dos transxénicos e en contra daqueles países da UE que intentaron parar estes cultivos. Dende hai máis dunha década, o goberno estatal defendeu o cultivo de transxénicos practicamente en solitario no marco da Unión, convertíndose no maior produtor de millo transxénico, ó aglutinar o 75% do total da UE (segundo datos do propio Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño cultívanse unhas 70.000 hectáreas dun millo modificado xeneticamente -MON 810- da multinacional norteamericana Monsanto).

Un claro apoio ós tranxénicos que, non obstante, contrasta co crecente rexeitamento da cidadanía: a porcetanxe de cidadáns a favor deste cultivo descendeu do 66% en 1996 a tan só o 35% neste ano. Ante esta situación e a información rebelada por Wikileaks, as principais organizacións ecoloxistas do país esixen eliminar o permiso para o cultivo de transxénicos, seguindo os pasos doutros paíss da UE (entre eles Francia, Austria ou Alemaña) debido “ás evidencias científicas sobre os seus impactos no medio natural, a imposibilidade de convivencia da agricultura transxénica coa convencional e ecolóxica e as incertezas sobre os seus efectos sobre a saúde a longo prazo”. Ademais, para os ecoloxistas, esta prohibición é imprescindible para poder defender os intereses do medio, a nosa agricultura e a saúde pública.

Máis alá de todos estes aspectos (a maioría dos científicos e ata a Organización Mundial da Saúde consideran que supoñen un risco, xa que en máis de dúas décadas de uso masivo non se detectaron problemas para a saúde), os tranxénicos implican un perigo maior: que a alimentación mundial quede en mans de catro multinacionais grazas ó inxente negocio das sementes transxénicas, que ‘eliminan’ as tradicionais e obrigan ós agricultores a ter que botar man das que venden estas grandes empresas que estarían non só a facer negocio coa nosa comida, senón a dictaminar o que debemos comer. En xogo hai moito máis que un cultivo de millo.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Agricultura ecolóxica coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s