Dar a lata ten recompensa

Imos ó super. Collemos un carriño. Metemos unha moeda. Facemos a compra. Pagamos. Devolvemos o carro ó seu sitio e a moeda volve ó peto. Este sinxelo método ideado polas grandes superficies para non ter os seus carros esparexidos por todos os recunchos do local é o defendido pola recente creada asociación Retorna para lograr recuperar un maior número de envases. Auspiciada por un bo número de asociacións ecoloxistas e cidadáns, Retorna busca poñer en marcha en España o Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) de envases presente xa en numerosos países como Alemaña, Noruega, Finlandia, Holanda, EEUU ou Israel:  por cada envase baleiro retornado (latas, bricks, plástico e vidrio), o consumidor recibe 25 céntimos.

Puntos de recollida automatizada de envases. Foto: Retorna

Puntos de recollida automatizada de envases. Foto: Retorna

¿Cobrar por reciclar? Non exactamente. O SDDR implicará pagar un depósito de 25 céntimos por parte do consumidor por cada envase adquirido, que lle sería reem bolsado unha vez depositado nun dos puntos de reciclaxe da rede. “A sociedade do ‘usar e tirar’ propiciou que todas as instalacións que xestio nan o lixo se vexan superadas e non cumpran coa máxima de recuperar todo o que tiramos. Actualmente, só se recupera o 13% dos 18.000 milló ns de envases de bebidas -latas de aluminio, bricks, plástico e vidrio- que cada ano entran no mercado es tatal. Con sistema de SDDR, a por centaxe podería elevarse ó 95%”, explica Julio Barea, responsable de contaminación de Greenpeace, un ha das asociacións que promoven o nacemento de Retorna. Os ecoloxistas non só destacan a mellora social e ambiental deste sistema -redúcese a materia prima para producir envases, que desaparecen das rúas, montes ou praias-, senón os beneficios económicos: os concellos poden reducir os seus impostos para a recollida do lixo -aliviando o peto do cidadán- e créanse postos de traballo para o seu correcto funcionamento.

Retorna nace en España nun momento clave en política de residuos, coa lei do 97 totalmente desfasada, os sistemas de xestión do lixo claramente fracasados e a necesidade de cumprir cunha normativa europea que aposta pola consecución do ‘residuo cero’. Galicia é un bo exemplo desta situación, cunha incineradora colapsada, un vertedoiro ó límite da reciclaxe e dúas plantas de compostaxe que pasan por horas baixas. Cunha redución mínima da xeración do lixo causada pola crise e a previsión dunha nova Sogama no sur do país, queda agardar pola luz verde ó futuro Plan de Residuos para dilucidar o noso futuro en materia de residuos. É posible que o Consello da Xunta deste xoves nos dea a solución.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Residuos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

3 Responses to Dar a lata ten recompensa

  1. Hola, alguno de vosotros ya nos conoceís. Pero para los que no lo sepán, nuestra empresa MPCAMBIENTAL está implantando este tipo de equipos en España. Si alguno quiere mas información puede consultar en http://www.mpcambiental.com Un saludo.

  2. Pingback: Pensa en Verde » Reciclaxe de película

  3. Pingback: Pensa en Verde » A polémica de tornar ó retorno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s