Osíxeno e Dioxina

oxdioxred

A piques de rematar un ano “duro en temática ambiental”, Adega vén de anunciar os gañadores da décima edición dos Premios Osíxeno e Dioxina, que recoñece a mellor e peor actuación ambiental do ano.

O premio Osíxeno en categoría individual recaeu neste ano na figura de Anxo Moure, contacontos e fundador e impulsor de Bicis pola paz, por concienciar á sociedade galega sobre os valores da solidariedade, a xustiza e liberdade, usando a paz, a ecoloxía e a imaxinación como instrumentos.

Os 33 concellos que apostan pola compostaxe como alternativa ó modelo Sogama (incineración+vertedoiro) reciben o premio Osíxeno en categoría colectiva. Adega decidiu personalizar este recoñecemento no concello da Illa de Arousa, pioneiro en apostar por un modelo baseado integramente na compostaxe caseira e comuntiaria, pero que se fai extensible ó resto de vilas que ben a través de plantas de compostaxe (Servia, Nostián ou O Morrazo) ou ben a través de composteiros propios elixen unha forma máis sostible de tratar os seus refugallos.

O premio Dioxina na categoría invididual deste 2010 é para o presidente e editor do xornal La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández-Latorre, por ser o responsable dunha liña editorial de desprezo á nosa lingua, colaborar na mentira da imposición e o silenciamento da voz do ecoloxismo organizado.

E o premio Dioxina na categoría colectiva recaeu na Dirección Xeral da Conservación da Natureza, dependente de Medio Rural e dirixida por Ricardo García Borregón, pola parálise en materia de biodiversidade, cunha Galicia á cola en superficie protexida, cun parón nos instrumentos de xestión, inoperancia cos lumes nos espazos de alto valor natural, privatización encuberta dos parques naturais, redución das axudas para a prevención e compensación polos ataques do lobo, xeralización da ‘caza preventiva’ e a negativa á creación do parque natural do Monte Pindo.

O ano pasado, Adega instaurou tamén o premio Osíxeno de Honra para subliñar a traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país. Os integrantes de Adega decidiron, por unanimidade, outorgarlle o galardón ó humorista gráfico e debuxante Xaquín Marín, un dos fundadores da banda deseñada galega e director do Museo do Humor de Fene pola súa achega á cultura do aís e pola sensibilidade e compromiso ambiental que reflicten os seus deseños.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Reportaxes coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Osíxeno e Dioxina

  1. Lola di:

    Totalmente de acordo…aínda que eu o osíxeno llo daría tb. a GALICIA HOXE. E o de Santiago Rey..como se entere Lendoiro o saca na portada do Deporsport jeje

  2. Daniel di:

    ¡¡¡Premios moi merecidos!!! ¡¡¡Feliz año verde!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s