2011: Ano Internacional dos Bosques

InternationalYearofForests2011_Logo_English_4c

Constitúen o hábitat de dous terzos de todas as especies existentes no planeta, regulan a auga, conservan o solo e a atmosfera, absorben dióxido de carbono, subministran un sinfín de produtos útiles e, en pobos como o galego, son parte da identidade cultural. Os bosques son ecosistemas imprescindibles para a vida e, por iso, a ONU decidiu iniciar este década de forma sostible, declarando este 2011 como o Ano Internacional dos Bosques.

Cada ano, máis de 130.000 quilómetros cadrados de bosques desaparecen por causa da deforestación, un problema especialmente grave nos bosques tropicais, que causa unha alarmante perda de biodiversidade: 100 especies por día. A tala agresiva, a súa conversión en terras agrícolas, a xestión inadecuada da terra e a creación de asentamentos humanos na súa superficie son os catro factores que máis contribúen á deforestación, convertídoa en responsable do 20% dos gases de efecto invernadoiro. Para alertar de todo isto, a ONU decidiu poñer en marcha un extenso calendario que arrincará o 24 de xaneiro na sede de Nova York coa celebración dun Foro sobre os Bosques, coa participación de ministros e especialistas de todo o mundo. A reunión incluirá mesas redondas dedicadas ós temas Bosques para as persoas, Recursos financeiros para as comunidades que dependen dos bosques, Máis aló dos bosques e Os bosques e as economías verdes.

Galicia ten un patrimonio forestal tan rico como problemas que o ameazan. Este novembro, a comunidade recibiu, por terceiro ano consecutivo, o premio ó Bosque Ameazado que concede a ONG Bosques sin Fronteras. Incendios, canteiras, eólicos, infraestruturas, talas indiscriminadas, reforestación con especies foráneas… Por iso, dende este rincón do GH non só vos convidavos ó longo destes doce meses  a contribuír na preservación desta riqueza, senón a gozar ó máximo dela.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Bosques coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s