Correos reparte en verde

Recibir o correo postal axudará, dende xa, a frear o quecemento do planeta. O motivo: o compromiso de Correos co medio e a sustentabilidade, que levou á firma postal a adquir vehículos eléctricos para realizar o reparto. Os carteiros de Compostela trocarán, así, os contaminantes coches e motos tradicionais por outros máis limpos que permitirán axilizar o seu traballo ó tempo que coidan do medio. No marco dun proxecto piloto, os carteiros da capital galega disporán dun coche, catro motocicletas e dúas bicicletas eléctricas para comprobar as vatanxes e utilidades deste tipo de vehículos de menor impacto ambiental e de ruído que se irán incorporando de forma progresiva á frota, facilitando así que se deixen de emitir máis de 16.000 quilos de dióxido de carbono ó ano. Concebidos para cidades con casco histórico e zonas peonís, os habitantes de Santiago poderán ver ós carteiros ‘sostibles’ en toda a zona vella subidos en:

bici

A bicicleta é un dos medios de transporte máis sotibles do mundo. Por iso, Correos repartirá un total de 80 por todo o Estado (dúas en Compostela). As súas vantaxas son claras: aportan unha gran mobilidade, un menor custo no seu uso e mantemento e conlevan enormes beneficios ambientais, ó non utilizar combustible nin xerar ruído. O modelo que usarán os carteiros utiliza unha bería de litio que ten unha autonomía de 40 quilómetros, é moi ergonómico e foi adaptado para optimizar ó máximo os labores de repartimento. Entre outras características posúe dúas alforxas e unha cesta frontal, un sistema de pedaleo asistido e seis machas.

moto

As motocicletas eléctricas estarán destinadas ó repartimento urxente de correspondencia e paquetería. Das 100 adquiridas por Correos, Compostela porá en proba un total de catro, que alcanzan unha velocidade de 80 Km/h e ofrecen unha autonomía de 70 Km. O tempo de carga total da batería oscila entre as 4 e as 6 horas.

Correos tamén analizará a eficiencia do coche eléctrico, comprobando se son útiles para o reparto e se satistan todas as necesidades técnicas e funcionais que esixe o repartimento postal. Dos 15 coches dispoñibles en todo o Estado, Compostela contará cun vehículo ecolóxico.

O único que non se deixará ver pola capital galega serán as furgonetas eléctricas, con capacidade de carga de 400 quilos e moi útiles para a manipulación de paquetería, incorporadas por Correos á frota estatal en 2008. Actualmente hai 5 en funcionamento (Madrid, Barcelona, Zaragoza e Sevilla), substituindo outras con motor de combustión, o que permitiu aforrar un total de 9.000 quilos de emisións de CO2 ó ano.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Cambio climático, transporte coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

1 Response to Correos reparte en verde

  1. Daniel di:

    ¡¡¡Noraboa a Correos!!! ¡¡¡Imos ver si cunde o exemplo!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s