Ríos galegos na UCI

Voluntarios do 'Proxecto Ríos' realizando a análise do tramo elixido. Foto: Ramsés Pérez

Voluntarios do 'Proxecto Ríos' realizando a análise do tramo elixido. Foto: Ramsés Pérez

O estado de saúde dos ríos galegos sofre unha regresión importante, próxima ó 20% con respecto á situación que presentanban no 2009. A contaminación, a acumulación de lixo nas súas augas e marxes e a presenza de especies exóticas invasoras consolídanse como os principais factores dunha degradación imparable, que comeza a ser preocupante nos bosques de ribeira. Esta é a radiografía da rede fluvial que revelan as análises realizadas polos 3.000 voluntarios que participaron nunha nova edición do ‘Proxecto Ríos’, o programa de voluntariado ambiental da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), nado hai seis anos co obxectivo de unir ríos e persoas. “Observamos unha clara tendencia á degradación en gran parte dos tramos analizados”, confirmou onte durante a presentación do Informe 2010 a presidenta de Adega e coordinadora do ‘Proxecto Ríos’, Virxinia Rodríguez. Esta tendencia é especialmente notable nos leitos que atravesan núcleos de poboación e están próximos á súa desembocadura, co río Lagares (Vigo), Limia (Ourense) e Sar (Santiago de Compostela) á cabeza.

A alta humanización dos ríos –rodeados sempre de actividade agraria ou gandeira, estradas, zonas residencias ou mesmo industrias– provoca que a contaminación e a alta presenza de residuos leven as canles á UCI. Dúas problemáticas que se unen á presenza de especies exóticas invasoras, causantes dunha alarmante perda de biodiversidade. Este conxunto de factores leva a que descenda a valoración que os voluntarios fan da situación dos ríos: se no 2009, o 58% dos ríos presentaban un estado de saúde moi boa, o ano pasado só se atopaban nesta situación o 29%. Así, a maioría (54%) presentaba unha saúde ‘boa’, un 9% moderada e un 8% deficiente. Peor é a situación dos bosques de ribeira, co 60% das marxes moi degradadas ou con alteracións importantes, especialmente na conca do Limia-Douro. “Obsérvase un descenso do 5% na boa conservación do bosque de ribeira de todas as bacías”, explicou onte o coordinador dos grupos, Paco Bañobre, quen destacou a necesidade de reverter a situación. Unha posibilidade que está en mans dos voluntarios, a través de inciativas de restauración do patrimonio fluvial. Esta vertente centrará a edición do Proxecto Ríos 2011 a través da potenciación da figura da custodia ou adopción de canles. “Cos grupos xa consolidados e unha metoloxía de análise definida, o ‘Proxecto Ríos’ inicia unha terceira fase que dota de maior autonomía ós voluntarios”, explicou Rodríguez. Así, de forma paralela ó programa educativo, Adega fomentará a participación dos colectivos en proxectos de mellora da rede, como restauración dos bosques de ribeira, sinalización de camiños ou eliminación de invasoras, asesorándoos na redacción e posta en marcha de programas e na busca de financiamento. De feito, a vertente máis lúdica deste programa de educación ambiental, o Roteirríos, centrará a súa edición deste 2011 na visita dos proxectos de restauración fluvial existentes en Galicia, e dos que Adega é pioneira co seu Campo de Voluntariado do Tea (de erradicación de flora invasora) ou o Proxecto Castieixas (de recuperación de pozas).

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Educación, Patrimonio coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s