‘Flashmob’ a prol do Pindo

A reivindicación dunha maior protección para o Monte Pindo ponse creativa. A Asociación Monte Pindo Parque Natural está a rodar un documental sobre a súa reivindicación, que incluirá un ‘flashmob’  para o cal pide a colaboración cidadá.

Flashmob

Para participar, quen o desexe só terá que imprimir nun folio o logo da asociación (que pode descargarse na propia páxina http://www.montepindo.org/) e a continuación gravarse ante unha cámara ou webcam como se se tratase dun eslabón dunha cadea humana iamaxinaria; é dicir, collendo o cartel pola súa dereita e entregándoo á persoa ficticia que tería á esquerda (como na imaxe superior). Así, a xeito dunha antorcha olímpica, a reivindicación do Monte Pindo como Parque Natural irá pasando “de man en man” por unha cadea humana virtual que percorrerá todo o mundo e irá rematar, como non pode ser doutro xeito, no máis alto do Monte Pindo.

Desde a Asociación chaman a primar a orixinalidade, poñendo como único límite a imaxinación dos amigos que a asociación xa ten en todo o mundo: cadeas colectivas, gravación desde as localizacións máis emblemáticas, vestindo os traxes tradicionais de cada zona… e todo tipo de ideas que se lle poida ocurrir aos participantes, cuxo único requisito será mandar as videocolaboracións a info@montepindo.org  antes do 31 de xaneiro.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Patrimonio coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s