Galicia, cemiterio de cetáceos

Cachalote varado esta fin de semana en Ferrol. Foto: Kiko Delgado

Cachalote varado esta fin de semana en Ferrol. Foto: Kiko Delgado

Entre xaneiro e abril asistimos a unha auténtica onda de cetáceos varados nas  praias galegas. ¿Por que os varamentos se concentran nestes meses? O fenómeno asociáse á pesca de sardiña e a xarda, alimento dos cetáceos, que adoitan caer nos aparellos cando tentan facerse co seu sustento. Cachalotes e golfiños elixen o norte co­mo cemiterio, como os dous exemplares desta fin de semana en Ferrol. Moitos presentan marcas na mandíbula de aparellos de pesca. Pero a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e a Coordinadora para o Estudo de Mamífe­ros Mariños (CEMMA) de­nuncian que boa parte dos exemplares falecen pola inxesta de plásticos.

O cetáceo femia apa­recido esta fin de semana na ferrolá praia de Lu­me Boo, moi delgado e de 11 metros, “tiña marcas de aparellos de pesca e redes na mandíbula inferior, non sabemos se faleceu por este motivo ou porque xa estaba enfermo”. Outro cachalote descuberto hai pouco en Corrubedo, de 14 metros, gardaba no seu estómago maromas ou cordas dun barco. Segundo Juan Ignacio Díaz da Silva, coordinador de mamíferos mariños de SGHN e CEMMA, “eses son accidentes de pesca que non se poden evitar”, aínda que a CEMMA leva anos colaborando cos mariñeiros para evitar este tipo de accidentes. Máis grave é a morte por culpa da contaminación mariña. Nas costas galegas proliferan  tartarugas, delfíns e cachalotes falecidos pola inxesta de plásticos grandes ou lixo que tira a xente, unha contaminación que pode e debe evitarse.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Océanos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s