Repaña o prato! con Sogama

Cada un de nós xera ó día 1,2 quilos de lixo, a metade procedente de restos de comida ou produtos estragados que ben poderían aproveitarse para confeccionar outros pratos en lugar de ser incinerados no complexo de  Sogama ou depositados no macrovertedoiro da Areosa. Nestes tempos de crise -económica e ambiental- cómpre máis que nunca retomar os vellos trucos da avoa e converter as sobras do cocido en deliciosas croquetas ou aproveitar a tenreira asada para facer pementos recheos. Por iso, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) vén de publicar o receitario Para repañar o prato!, que inclúe máis de corenta pratos entre entrantes, peixes, carnes ou sobremesas de fácil preparación deseñadas polos profesionais da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Sober (Lugo) cos que aproveitar todo o que nos sobra do prato.

Portada do receitario Para repañar o prato! publicado por Sogama

Portada do receitario Para repañar o prato! publicado por Sogama

Entrante

Entrante

Lasaña

Lasaña

...tamén peixes...

...tamén peixes...

... e por suposto, sobremesas

... e por suposto, sobremesas

Xunto coas receitas, a publicación ofrece unha serie de trucos e consellos para evitar o desbaldimento de comida:
– O pan, ¿dentro ou fóra da neveira? Consérvase máis tempo na neveira. Aínda que se apelmaza un pouco, dura tenro máis días.
– Cando abrimos unha lata e non consumimos o produto, que debemos facer? Pasar o restante a un envase con tapa e gardalo na neveira.
– Como conservar o leite e os ovos? O leite, unha vez aberto, debe conservarse na neveira ben tapado. Tamén é recomendable gardar nesta os ovos..

…E tamén para facer unha compra responsable que evite mercar o que non fai falta, así como xerar máis residuos dos necesarios:
– Antes de realizar a compra, fai unha lista do que necesites.
– Tenta adquirir artigos minimamente envolvidos. Ante produtos semellantes, opta polos que teñan menos envases ou embalaxes. Rexeita os consumibles envasdados en bandexas de plástico.
– Promove o uso de produtos que veñan en recipientes reenchibles e acostúmate a adquirir artigos a granel. Nas bebidas e líquidos, opta por envases grandes e, a ser posible, retornables.

Realizada a compra e consumidos os produtos, Sogama recorda que aínda quedaría unha importante tarefa pendente: a axeitada selección dos residuos, depositando cada tipoloxía no colector correspondente. Só así garantiremos o seu posterior reciclado e, por conseguinte, o aforro de enerxía e de materias primas, contribuíndo á preservación do medio natural.

E recorda: os restos de comida  non son lixo, senón elementos que poden reciclarse a través da compostaxe, dando lugar a abono para volve enriquecer a terra da que nos alimentamos.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Residuos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s