Nova especie en Corrubedo

Exemplar de 'barlia robertiana' no parque natural de Corrubedo. Foto: Xermán García Romai

Exemplar de 'barlia robertiana' no parque natural de Corrubedo. Foto: Xermán García Romai

Corrubedo, o parque natural preferido polos galegos, non deixa de sorprendernos. Á espectacular duna móbil e á rica biodiversidade que albergan as lagoas de Vixán e Carregal hai que engadirlles agora a presenza dunha especie de orquídea inexistente ata o momento en Galicia: a Barlia Robertiana, que eleva ata corenta as variedades de orquídeas rexistradas na nosa comunidade. Os seus descubridores son Xermán García Romai e Antonio Parada Mariño, fotógrafos e naturalistas ribeirenses que o pasado 26 de xaneiro atoparon, para a súa sorpresa e propia satisfacción, esta nova especie para a flora galega.

Flores da orquídea. Foto: Xermán García Romai

Flores da orquídea. Foto: Xermán García Romai

¿Cal é a importancia do achado? Xermán García teno claro: “Resulta sorprendente atopar este exemplar nun lugar tan investigado como o Parque Natural de Corrubedo e nunha familia, a das orquídeas, moi estudada en Galicia”, apunta. De feito, hai apenas un mes, a Consellería de Medio Rural editou unha Guía das Orquídeas do Parque Natural de Corrubedo, na que non se sinala esta nova especie. Tampouco aparece no Catálogo de Orquídeas de Galicia, que dende 1989 non recibiu novas incorporacións. “Existían citas moi antigas da existencia da “Barlia Robertiana no interior de Lugo pero a imposibilidade de atopar un exemplar deixou esta especie fóra do catálogo”, explica García Romai. Esta especie tamén se coñece vulgarmente como orquidón ou orquídea xigante polo seu gran tamaño, xa que a planta pode acadar o metro de altura. Na Península Ibérica teñen dous hábitats naturais: a rocha calcaria e os ecosistemas dunares, o que leva os descubridores a crer que o exemplar achado en Corrubedo non foi introducido artificialmente, senón que se atopa no seu hábitat natural. “A zona máis próxima na que se detectara ata o de agora eran as montañas de Asturias, concretamente no parque natural de Somiedo. Por iso, a súa presenza nunha zona costeira tamén resulta moi importante”, explica Xermán García.

Dada a importante presenza de orquídeas no parque natural de Corrubedo -onde hai rexistradas ata doce variedades-, os naturalistas investigarán agora a presenza de máis exemplares unha vez teña lugar a floración real desta especie e posteriormente. Todo este traballo materializarase nunha publicación para dar conta do achado ante a comunidade científica, ó tempo que se realizará un seguimento desta nova planta, para observar en que estado se atopa a súa poboación.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Patrimonio coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Nova especie en Corrubedo

  1. Daniel Sánchez di:

    ¡¡¡Cando lle damos oportunidades, qué xenerosa é a natureza!!!

  2. Pingback: novas oportunidades

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s