Selo sostible para unha conserveira galega

sello

Peixe extraído de forma sostible e enlatado con materias primas procedentes da agricultura ecolóxica como aceite ou o tomate. Grazas a esta aposta por un aproveitamento racional e sostible dos recursos mariños, a conserveira galega Pérez Lafuente convértese na primeira empresa do Estado en recibir o selo MSC, distintivo internacional que recoñece as prácticas de pesca sostible. Situada en Vilanova de Arousa, a firma leva máis de cen anos dedicada á fabricación de conservas de produtos do mar. Pioneira na fabricación e comercialización dos mariscos das rías galegas, a empresa decidiu dar un paso máis e liderar outra forma de concibir o negocio das conservas. O primeiro paso deuno en outubro, cando decidiu apostar pola comercialización de mexillón ecolóxico procedente de dúas bateas de Vilanova.

As sardiñas enlatadas por esta compañía son pescadas no norte de Portugal con embarcacións de baixura que utilizan artes tradicionais de cerco, polo que foi certificada por MSC en xaneiro cun volume de capturas dunhas 78.000  toneladas.  A certificación baséase nuns estándares científicos rigorosos para mellorar a saúde dos océnaos, recoñecemento e recompensando as prácticas de pesca sostible. As sardiñas certificadas comercialízanse en toda a gama de preparacións, incluída a liña de produtos Pan do Mar, que usa no seu proceso de elaboración só ingredientes que proceden do cultivo ecolóxico, como son o aceite ou o tomate. Desta forma, a firma non só se preocupa dunha extracción sostible, senón tamén de que o resto das materias primas da conserva sexan respectuosas coa contorna. A partir de agora, a compañía vai facilitar información detallada nos envases dos seus produtos sobre as artes de pesca utilizadas, a orixe das especies ou o significado do selo MSC. O seu obxectivo é concienciar os consumidores sobre a importancia de poñerlle fin á pesca ilegal e destrutiva, apostando por un consumo responsable. “O noso negocio familiar quere seguir abrindo novos camiños na industria conserveira. Levamos máis de cen anos vivindo do mar e queremos seguir facéndoo. Para iso, sabemos que a única fórmula é apostar por unha pesca sostible”, apunta o director da compañía, Juan Pérez Lafuente.

Grazas ó apoio e asesoramento da asociación ecoloxista WWF/Adena, a firma galega convértese así na primeira do Estado en contar co selo, polo que a asociación ecoloxista instou as demais para seguir os seus pasos. “España é un dos poucos países da UE onde aínda non se certificaron pesqueiras. É o momento de apostar por futuro”, asegura José Luis García Varas, responsable do Programa Marino de WWF, que fai un chamamento á industria conserveira e pesqueira española, a máis importante da Unión, a seguir o exemplo da firma galega.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Consumo, Océanos coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s