Volve o amigo Félix

ceida2

Félix Rodríguez de la Fuente será, por moitos anos, un dos maiores referentes ambientais do Estado. Os seus programas de televisión deixaron impronta nun bo número de rapaces que coñeceron, da súa man, as especies que comparten a súa vida con nós. Transmitirlle a súa mensaxe ás novas xeracións é o obxectivo do libro Los tres cielos. Aventuras infantiles de Félix Rodríguez de la Fuente (Auga Editora), que será presentado o mércores ás oito da tarde no salón de actos do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), en Oleiros. Con textos de Miguel A. Pinto Cebrián e ilustracións de Suso Cubeiro, a obra é un bo modo de achegarnos ó mundo que nos rodea.

Portada de Los tres cielos

Portada de Los tres cielos

Déixovos a reseña: Los tres cielos narra as aventuras dun rapaz burgalés que xa de pequeno destacaba pola súa audacia e ganas de aprender cousas sobre os animais. Cos anos logrou que todo un país emocionárase coas súas correrías da infancia. O seu nome é Félix Rodríguez de la Fuente e fai 70 anos movíase cos seus amigos baixo os tres ceos de Poza de la Sal, onde este rapaz decidiu dedicar a súa vida aos animais e a protexer a natureza Este libro permítenos compartir todo aquelo que estimulou en Félix o amor pola natureza. Ilustracións, descricións, curiosidades e utilidades de animais e plantas típicos de espazos moi diferentes como é o ambiente urbano ou o páramo castelán, converten a este libro nunha guía da natureza útil para todos aqueles que se inician no descubrimento do medio natural que nos rodea.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Patrimonio coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s