Entroido ambiental

O Entroido chama ás nosas portas e con el,  o humor e a ausencia total de sentido do ridículo invade todos os aspectos da nosa vida… e o ambiental tamén. E para mostra, un botón: dende Cerceda, un dos concellos cun dos entroidos máis tradicionais, un grupo de veciños xa anda a liala -e ben forte- a través das redes sociais cunha iniciativa máis que curiosa: a formación da denominada Asociación Cerceda co Lixo, que ‘busca’ introducir a imaxe de Sogama no escudo do concello.

escudosogama[1]

“Pensamos que ó igual que a central térmica de Meirama leva moitos anos formando parte e acaparando o protagonismo no escudo oficial do Concello de Cerceda, é hora de que a actual empresa máis importante que hai instalada neste municipio, é dicir, Sogama, tamén teña o seu protagonismo na imaxe institucional do Concello. Consideramos que a incineradora de lixo de Sogama acadou nos últimos tempos unha  relevancia que nada ten que envexarlle á da térmica e por iso demandamos un cambio no escudo e que este recoñeza todo o bo que ten significado esta planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de toda Galicia para Cerceda. A nosa intención é mudar parte do escudo e que térmica e incineradora compartan espazo e se consoliden en imaxe deste concello ó que tanto emprego e prosperidade trouxeron”, afirma o colectivo. 

A idea, máis alá dunha broma de entroido, calou entre os usarios das redes sociais e, ós poucos minutos de crear en facebook un grupo -Sogama no escudo de Cerceda, xa- con este obxectivo,  xa eran moitos seguidores que se mostraron a favor da causa. Mesmo houbo persoas que fixeron as súas propias achegas para completar a iniciativa, propoñendo tamén un cambio de bandeira -cunha bolsa de lixo ondeando na cima de Areosa- e incluso himnos oficiais municipais. Porque a vida, ás veces hai que tomala con humor. E en Entroido, aínda máis.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Residuos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s