Recicla a luz

Todos tivemos algunha vez na man unha lámpada ou fluorescente fundidos sen saber moi ben que facer con eles, aínda que intuíamos que o seu lugar non era o lixo común e que debía existir algunha maneira de darlles un tratamento ambiental axeitado a estes residuos. Este é precisamente o obxectivo da Ambilamp (Asociación para a reciclase de lámpadas), unha asociación sen ánimo de lucro que vén de poñer en marcha un sistema de recollida e tratamento para este tipo de residuos.

ambilamp1 

Tras establecer unha rede de grandes colectores, que actualmente conta con máis de 6.000 puntos en maioristas, grandes empresas e puntos limpos, Ambilamp puxo en marcha en 2010 unha rede de recollida no pequeno comercio, co obxectivo de achegar os colectores á cidadanía. A día de hoxe, xa existen máis de 9.000 puntos en ferraxerías, tendas especializadas en iluminación, grandes superficies comerciais e outros comercios que venden lámpadas. Galicia non queda á marxe deste proceso: na provincia da Coruña, Ambilamp conta con 296 puntos, Pontevedra ten 236, Lugo uns 120 e Ourense rexistra 80. Para descubrir o punto de recollida máis próximo ó teu domicilio, só tes que ciclar no mapa que ten na súa páxina web, evitando deste xeito que estes residuos vaian parar ó colector convencional co resto dos residuos sólidos urbanos. Dende a súa implantación na nosa comunidade no 2008, os datos de recollida foron incrementádose, pasando dos 76.000 quilos (unhas 516.800 unidades) do primeiro ano ós 104.117 quilos (707.996 unidades) do 2010.

ambilamp2

Cómpre recordar que o Real Decreto 208/2005, que regula todo o relativo á xestión dos aparellos eléctricos e electrónicos unha vez finalizada a súa vida útil, recolle todas as lámpadas que podemos reciclar: de baixo consumo, tubos fluorescentes, lámpadas de descarga e LEDS retrofit. Todas elas posúen no seu interior pequenas cantidades de mercurio que debemos controlar para evitar a súa emisión ó medio. Aínda que en pequenas cantidades non son nocivas, a súa acumulación pode chegar a constituír un problema.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Residuos coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s