Iberdrola ‘espreme’ o Sil

Encoro de Iberdrola en Santo Estevo

Encoro de Iberdrola en Santo Estevo

O Sil é a maior fonte de ingresos pa­ra Iberdrola. A firma enerxética lo­grou en 2010 bater unha marca de produción de electricidade nas de­zanove centrais que ten nesta con­ca. O contador de xeración nese ano marcou 3.763 xigawatts/hora, unha cifra que non se alcanzaba dende hai tres décadas e que sería suficiente para abastecer a 1,8 mi­llóns de persoas, tres cuartas partes da poboación de Galicia.

A principal responsable desta sobreprodución non foi outra que a recentemente ampliada central de Santo Estevo, situada no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, considerada como unha das maio­res do Estado. Os prexuízos ambien­tais derivados da seca que sufriu o Sil como consecuencia das obras de Iberdrola neste encoro teñen unha clara compensación… económica para a propia firma. Segundo infor­mou Iberdrola, esta presa xerou un total de 1.163 xigawatts/hora, gra­zas, en parte, ás intensa choivas que se rexistraron tanto no principio do ano como durante o último trismes­tre. De feito, nestas épocas, a alta pluviosidade obrigou a verter polos aliviadoiros da presa ata sete veces a capacidade do encoro. Tras esta sitúase a de Ponte Bibery, tamén si­tuada en Ourense, cunha produción de 942 xigawatts/hora.

Pese á marca histórica de produ­ción acadada por Iberdrola -o se­gundo máis alto da historia desde que esta compañía hidroeléctrica está presente na conca do Sil, tras os 3.905 xigawatios/hora rexistrados no ano 1979-, a política da eléctri­ca é seguir aumentando a potencia instalada no Sil. Así, tras a polémi­ca ampliación do encoro de Santo Estevo, a eléctrica procederá agora a ampliar o de San Pedro, coa cons­trución dunha central semisubte­rránea. A obra permitiralle á eléc­trica alcanzar os 75 megawatts de produción, 25 máis dos actuais, ó tempo que promete a creación de 190 empregos. O proxecto ten un orzamento de 52 millóns e as obras durarán ata 2012. Ese é o ano no que Iberdrola ten previsto acome­ter o que será o seu gran proxecto no Sil: a ampliación do encoro de Santa Cristina, que suporá un novo furado das paredes graníticas. Con­siderado como proxecto estrela da compañía -que permitiría bombear pola noite a auga ata o cumio do ca­nón, para logo turbinala polo día para xerar electricidade-, o Minis­terio de Medio Ambiente compro­meteuse a paralizar este proxecto pola agresión que suporía para os Canóns do Sil, zona protexida po­la Rede Natura, e para o propio río. Con ela quedarían tamén sen ver a luz as 32 novas presas que teñen au­torización pendente e que prevían sumarse ás 77 xa en marcha. A sobreexplotación do Miño-Sil é evidente, xa que as dúas concas contan actualmente con 106 apro­veitamentos hidroeléctricos, 37 grandes encoros e 70 pequenas pre­sas, a maioría en mans de grandes firmas como Iberdrola e Fenosa.

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Enerxía, Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Iberdrola ‘espreme’ o Sil

  1. Pingback: abastecer de

  2. Pingback: Virgin America Promo Code

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s