
Protesta ecoloxista ante o Ministerio de Economía contra a política enerxética do Banco Mundial. Foto: J.J.Guillén/Efe
O Banco Mundial marxina claramente o desenvolvemento das enerxías renovables e contribúe ó financiamento das enerxías fósiles nos países pobres, nunha porcentaxe que no ano 2010 foi un 116% superior á do ano anterior. Con motivo do Día de Acción Global que se celebra hoxe en todo o planeta, diferentes colectivos ecoloxistas saíron onte ás rúas de Madrid, Zagreb, París, Berlín, Roma, Johannesburgo, Wáshington ou Londres para rexeitar a Nova Estratexia Enerxética do Grupo do Banco Mundial que pensa ser implementada a partir do 2011. O obxectivo último: que o BM deixe de financiar combustibles fósiles e que os gobernos deixen de darlle diñeiro ó Banco Mundial.
Así, baixo a lema Banco Mundial criminal climático, goberno español cómplice e cun cesto cheo de carbón e depositado ás portas do Ministerio, representantes de Ecologistas en Acción, InspirAction e Amigos de la Tierra esixiron un cambio de rumbo en política enerxética. Segundo afirmaron os representantes ecoloxistas, o financiamento do Banco Mundial para as centrais eléctricas de carbón multiplicouse por 40 nos últimos anos, ata a cifra marca de 3.300 millóns de euros en 2010. Unha cifra astronómica que só logrou emitir máis carbono á atmosfera, acelerar o cambio climático e causar máis probreza no planeta. Por iso, os ecoloxistas entregáronlle unha carta á ministra de Economía, Elensa Salgado, na que lle esixen recortar a cero as achegas ó Banco Mundial e investir ese diñeiro público en enerxías renovables, a loita contra o cambio climático e a eliminación da pobreza.
Pingback: Century Rides
Pingback: Training Century
Pingback: Training for a Century