Edukambi: os males do planeta chegan ás aulas

Adhara Ares, esquerda, Noel Miguélez e Paloma López, tres dos catro integrantes de Edukambi. Foto: Carlos Bello Vázquez

Adhara Ares, esquerda, Noel Miguélez e Paloma López, tres dos catro integrantes de Edukambi. Foto: Carlos Bello Vázquez

Freo de proxectos, desaparición de empresas, desmantelamento de equipamentos e peches de centros de visitantes de parques naturais. A redución de partidas ‘verdes’ deixou a cero a conta para a educación ambiental galega, que atravesa un dos peores momentos na súa historia. Nun escenario máis que negativo para o sector, ábrese unha porta á esperanza con Edukambi, un proxecto co que catro estudantes de Bioloxía pretenden trasladar ás aulas de primaria os desafíos ós que se enfronta o planeta.  Conscientes de que a educación ambiental é o futuro,  Adhara Ares, Martina Cendoya, Noel Miguélez e Paloma López de Figueroa afrontan o duro pero ilusionante reto de facer da creación de conciencia ‘verde’ o  seu futuro.

Cursando xa o último ano de carreira na Universidade da Coruña (UDC), os catro mozos buscan desenvolver un programa divulgativo que, a través de obradoiros impartidos en colexios e centros cívicos, dea a coñecer entre nenos e adultos os principais problemas ambientais e os medios dos que dispoñemos para evitalos ou diminuilos. Nutrición, enerxía, biodiversidade, renovables, residuos, auga… e unha longa lista temática centran os manuais confeccionados persoalmente por estes mozos, que van acompañados de actividades coas que implicar ó alumno: dende a clásica elaboración de herbarios ou animalarios, ó modelado con barro, elaboración de compost ou cultivo dunha horta ecolóxica.

Nado no marco dunha asignatura da carreira, Edukambi busca voar só tras a boa acollida recibida nos primeiros centros escolares. O colexio Ponte dos Brozos (Arteixo) e o Ramón de la Sagra da Coruña serviron para testar a idea a través dun obradoiro de biodiversidade e outro de auga. O resultado: éxito rotundo. Non só por parte dos nenos, senón dos mestres, que animaron ós integrantes de Edukambi a facer destes talleres unha actividade extraescolar. Completamente desbordados polas peticións para impartir máis charlas, Edukambi aposta por centrarse, nun primeiro momento, nos nenos: “Estamos en conversas coas Ampas para lograr financiamento e poñer en marcha un programa de educación ambiental nas aulas de primaria”, explica Adhara Ares, quen define ós pequenos como “auténticas esponxas”, que poden servir de vehículo para trasladarlle a mensaxe ‘verde’ ós adultos. Pese a cada vez maior conciencia ecolóxica da nosa sociedade, en Edukambi son conscientes da falta de apoio e descoñecemento do papel clave deste sector. Ilusión e traballo son as armas coas que conta para facer da educación ambiental unha saída de futuro.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Educación coas etiquetas , . Ligazón permanente.

One Response to Edukambi: os males do planeta chegan ás aulas

  1. Pingback: Edukambi: Los males del planeta llegan a las aulas [GAL]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s