Fin de semana ambiental

Tras unha semana radioactiva, cos políticos encirrados no Parlamento e os mariñeiros loitando contra as xaulas nas rías, todo indica que está a piques de comezar unha fin de semana solleira na que poder gozar do medio natural. Se ti non es dos que pensa que unha boa tarde de lecer é percorrer as tendas dun centro comercial, aquí tes o programa confeccionado por varias asociacións ecoloxistas do país para que goces do aire libre nesta fin de semana previa ó Día da Árbore (luns) e da Auga (martes).

Fin de semana no Ulla. Adega, a Platafor­ma pola defensa do alto Ulla, Fer­ventía e Curuxás organizan o sábado unha xornada de kaiak estremo nos Torrentes de Mácara-Ramil, na conca do Ulla, que terá a súa continuidade o domingo coa úti­ma fase da carreira fluvial, e cun­ha xornada de ‘desagravio ós ríos’ que comezará ás cinco e media da tarde na eira da Xoana. Nela, cele­brase un acto literario e musical, no que diferentes artistas actua­rán en memoria das concas gale­gas e contra as desfeitas ás que es­tán sometidos. Con auga de ríos de todo o país, regaranse ademais varias árbores autóctonas que se­rán plantadas. Consulta aquí o programa.

Roteiro pola serra da Groba. Este domingo, as asociacións S.O.S. Groba, Instituto de Estudos Miñoranos e Verdegaia organizan un novo roteiro do programa de roteiros mensuais de Verdegaia “Vai de roteiros!” pola Serra da Groba, a serra  máis meridional de Galicia. A súa intención é amosar as particulares características faunísticas, florísticas, xeolóxicas, arqueolóxicas, etnográficas e a singular beleza deste espazo natural, ó tempo que se analizarán as agresións e ameazas que padece. A saída será ás 9:45 h. da estación de autobuses de Vigo ou ás 11 h. da porta
do Parador de Baiona dende onde se subirá en coches particulares á parte alta da serra. O roteiro durará todo o día, polo que se recomenda levar auga, comida e algo de conversa. É  imprescindible a inscripción previa.

Manifestación contra a Lei de Augas. E para todos aqueles que cren que a nova Lei de Augas promovida pola Xunta atenta contra o dereito fundamental a ter auga, privatizando este recurso, o seu lugar está o domingo na Alameda de Compostela ás 12 horas. De alí partirá a manifestación convocada pola Plataforma cidadá contra a Lei de augas, integrada, entre outros colectivos, polo polo Sindicato Labrego Galego (SLG), Organización Galega de Comunidades de Montes, Amarante, Altermundo e Marcha Mundial das Mulleres.

Boa fin de semana a todos.

Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s