No día da árbore: eucaliptos, non grazas

Galicia é a comunidade con maior superficie de eucaliptais. Dende a súa introdución nos anos 70, a superficie arbórea que ocupa chegou a multiplicarse por catro, representando hoxe en día un total de 396.344 hectáreas das algo máis de 750.000 que existen en todo o Estado. Durante estas catro décadas, esta especie foránea foi unha das principais fontes de conflito social e ambiental. Pese a súa importancia económica, o cultivo de eucalipto segue sendo un problema para a conservación da fauna, a flora e a conservación do solo, así como para a xestión dos recursos hídricos, a preservación dos espacios protexidos e o ordenamento do territorio.

bosques

Con motivo do Día Forestal Mundial que se celebra hoxe e no marco do Ano Internacional dos Bosques, o movemento ecoloxista ibérico acaba de presentar unha proposta para lograr unha correcta xestión do eucalipto baixo o título Unha Visión Común sobre o problema das plantacións de eucalipto. Asinado por 22 das principais organizacións ambientalistas do Estado -entre as que se atopan as galegas Ríos con Vida, Amigos da Terra, Adega, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia-, o documento fai un chamamento urxente para deter a expansión do eucalipto, sacalo dos espazos protexidos e mellorar a xestión forestal das súas plantacións.

Plantación de eucaliptos no medio do parque natural das Fragas do Eume. Foto: Kiko Delgado

Plantación de eucaliptos no medio do parque natural das Fragas do Eume. Foto: Kiko Delgado

“Os males do eucalipto non son imputables a esta árbore, senon a unhas deficientes técnicas de planificación, repoboación, selvicultura e explotación, é decir, á especie humana”, asegura Xosé Veiras, de Verdegaia. Por iso, unha das súas primeiras reivindicacións pasan por establecer unha correcta planificación forestal, na que se fixe un límite de ocupación para esta especie baseado en criterios científicos. O obxectivo é evitar a “excesiva permisividade” concedida á industria para levar a cabo plantacións sen control, ademais de atallar un dos maiores problemas ós que se enfronta o monte: a ocupación de terreo de xeito espontáneo como consecuencia do seu carácter invasor. Recordemos que a proliferación do eucalipto é, entre outras causas (principalmente aforte presión humana e urbanística e unha desprotección dos ecosistemas) a causa dun grave retroceso do bosque autóctono. Os ecoloxistas piden, así, establecer un teito da superficie ocupada que, unha vez, superada -como sería o caso galego- debe impedir a autorización de novas plantacións e poñer en marcha a restauración da superficie excedida. No caso de novas autorizacións, esixen que se descarten os espazos naturais protexidos -dos que se debería eliminar de forma progresiva os eucaliptos xa existentes- e das áreas forestais ocupadas por bosque autóctono en bo estado de conservación. Do mesmo xeito, o manifesto ecoloxista recolle a necesidade de aplicar criterios máis sostibles na xestión dos eucaliptais, destacando a promoción da certificación forestal do FSC (Forest Stewardship Council). Nesta carta aberta na que tenden a man a gobernos e industria, os ecoloxistas recordan que os as plantacións de eucaliptos non son ecosistemas, polo que non poden considerarse unha solución ó cambio climático, ó tempo que chaman a non autorizar o desenvolvemento de eucaliptos transxénicos e pedir o compromiso da sociedade coa redución do consumo de papel e de enerxía.
Advertisements

About rebecahermo

Pensa no Medio supón un punto e seguido ó traballo iniciado o Día do Medio natural de 2010 no blog Pensa en Verde, publicado no defunto Galicia Hoxe. A vida segue e faino nun planeta cada vez máis comprometido. Esta pretende ser unha pequena fiestra á esperanza. Benvidos a todos ós que vos asomedes a ela.
Estas entrada foi publicada en Bosques coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s